cabecera seccion agraria

Oficina Agraria.

agraria interna

A Oficina Agraria está ubicada na pranta baixa do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono: 986787060, oficina Agraria.

Noticias

O CONCELLO INICIA A PRIMEIRA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS DO ANO

Terá lugar en tres fases, realizándose recollidas os días 6, 7 e 8 de febreiro nas primeiras parroquias, o 13, 14 e 15 nas segundas, rematando nas terceira área os días 20, 21 e 22. Os plásticos entregados deben estar limpos de herba e terra e non se poderán depositar garrafas nin rodas. Ler máis

A AGADER CONCEDEULLE AO CONCELLO UNHA AXUDA DE 132.568 EUROS PARA A MELLORA DE CAMIÑOS EN PORTOSECO E REGUFE

O concelleiro de Rural sinala que as actuacións servirán para “seguir fomentando o desenvolvemento das áreas rurais e do sector gandeiro do municipio”. Ler máis

AGACA PONSE A DISPOSICIÓN DO CONCELLO DE LALÍN PARA AVANZAR NA PROSTA DE INTEGRACIÓN DE COOPERATIVAS

Rafael Cuíña recibiu a Higinio Mougán, quen cualificou a iniciativa de moi positiva e necesaria. Ler máis

O GOBERNO REÚNESE COAS COOPERATIVAS PARA ANALIZAR A SITUACIÓN DO SECTOR, VALORAR POSIBLES SOLUCIÓNS E AVANZAR NA INTEGRACIÓN

O encontro serviu para coñecer de primeira man o punto de vista dos cooperativistas lalinenses con respecto á fusión e valorar as posibilidades que se abren a este respecto no municipio e na comarca. Servirá de punto e seguido para próximos encontros dotados de máis contido encamiñado a conformar estruturas cooperativas máis organizadas e de maior nivel. O alcalde trasladaralle á Consellería de Medio Rural e á presidenta da Deputación o falado na xuntanza. Ler máis

LALÍN FINALIZA UNHA EXITOSA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS DE ENSILAXE CON MÁIS DE 79 TONELADAS ENTREGADAS

En total acumuláronse 79.120 quilogramos de material, cando as últimas recoleccións non se adoitaban superar as 65 toneladas. Ler máis

REMATA O ACONDICIONAMENTO DA PISTA QUE UNE A XESTEIRA E REGUFE

Pavimentouse un treito de 1.100 metros que dá acceso a dúas importantes explotacións da zona. Ler máis

O MERCADO DE PRODUTOS ALIMENTARIOS TRASLADARASE DE FORMA DEFINITIVA ÁS RÚAS PEONÍS TRAS O ÉXITO DESTA FIN DE SEMANA

Os vendedores adoptan esta decisión polos bos resultados e a boa acollida que tivo entre os clientes o cambio realizado o pasado sábado. O Concello traballa para sumar varios postos de artesanía a esta iniciativa, que servirá para dinamizar as rúas peonís. Ler máis

FEIRADEZA 2016 CELEBRARASE OS DÍAS 10 E 11 DE SETEMBRO

A coincidencia no mes de xuño coa Semana Verde foi un dos motivos que se tivo en conta para fixar esta data. Preténdese introducir como novidade no certame deste anoa posta en marcha dun recoñecemento ás mellores explotacións segundo os datos obtidos no control leiteiro. Ler máis

CONCELLO E GAS NATURAL FENOSA ASINARÁN UN CONVENIO PARA EVITAR CORTES DE LUZ ÁS FAMILIAS CON DIFICULTADES ECONÓMICAS

Mediante este acordo, o Concello farase cargo da débeda despois de que o departamento de Benestar Social avalíe cada caso. O Goberno tamén propicia que se retomen as reunións a tres bandas para falar sobre o proxecto de Catasós. Ler máis

O CONCELLO ORGANIZA OS DÍAS 3, 4 E 5 DE DECEMBRO A PRIMEIRA MOSTRA DO QUEIXO E DO MEL DE LALÍN

O obxectivo da iniciativa é o de “dar a coñecer entre a poboación as magníficas cualidades do mel e do queixo que se produce no concello de Lalín, coa finalidade de incrementar o seu consumo”. O Concello fai un chamamento para que os lalinenses se acheguen á Praza e desfruten duns magníficos comestibles ao tempo que contribúen á dinamización económica e social da vila. Ler máis

Roteiros de Lalín