Benestar

A Concellería de Benestar Social  está ubicada na segunda planta do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986780014.

Noticias

GONZÁLEZ CASARES REÚNESE COA SECRETARIA XERAL DO IGVS PARA OBTER INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS

O Goberno de Lalín asinará proximamente o convenio de adhesión, o que permitirá poñer en marcha os mecanismos necesarios para a captación de vivendas baleiras e a súa posterior inclusión no programa da Xunta. Ler máis

9 UNIDADES FAMILIARES BENEFICIÁRONSE DA LEÑA EXTRAÍDA DOS TRABALLOS DE MELLORA DO PASEO DO PONTIÑAS

O departamento de Benestar Social informou de que queda material para entregar a unha familia, polo que se agardan máis demandas. As 9 familias suman 36 persoas, 13 delas menores de idade. González Casares destaca a importancia deste tipo de iniciativas, “que aínda que semellen pouco relevantes”, contribúen a algo tan simple como que as familias con poucos recursos non pasen frío no inverno”. Ler máis

BENESTAR SOCIAL COMEZA A ASESORAR ÁS FAMILIAS SOBRE A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS A TRAVÉS DA TARXETA DE BENVIDA PARA PAIS CON FILLOS NADOS NO 2016

A contía total da subvención será de 1.200 € a razón de 100€/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación. Ler máis

BENESTAR SOCIAL COMEZA A TRAMITAR AS AXUDAS PARA O PAGO DA FACTURA ELÉCTRICA A TRAVÉS DO TÍCKET ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA

Estas subvencións teñen como obxectivo subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados. O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2016. Ler máis

BENESTAR SOCIAL COMEZA A TRAMITAR AXUDAS PARA EVITAR QUE AS FAMILIAS MÁIS VULNERABLES SUFRAN CORTES NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO

As persoas interesadas poden tramitar a subvención ou solicitar máis información mediante cita previa no Departamento de Servizos Sociais do Concello, ou no teléfono 986780014. Ler máis

BENESTAR SOCIAL INFORMA DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADAS A UNIDADES FAMILIARES CON NENOS XORDOS

Tamén optan ás subvencións os centros educativos sostidos con fondos públicos. O prazo para presentar solicitudes remata o 31 de febreiro e os interesados poden demandar información no departamento de Benestar Social do Concello. Ler máis

AS ENTRADAS PARA ASISTIR AO COCIDO SOLIDARIO POSTAS Á VENDA DENDE HOXE

Na presente edición do Cocido, os fondos doados solidariamente polos cidadáns irán destinados á asociación Aranes. A asistencia estará aberta ao público en xeral, que pode adquirir os vales nas dependencias do Concello, no Hotel Torre do Deza, na sede da AED, ou a través dun ingreso bancario. Ler máis

O CONCELLO DESTINA 4 MIL EUROS AO REPARTO DE AXUDA ALIMENTARIA ÁS FAMILIAS CON POUCOS RECURSOS POR NADAL

O sistema de reparto de cestas con produtos foi substituído por outro no que os beneficiarios poderán intercabiar bonos por alimentos frescos na Praza de Abastos. O novo modelo de reparto alimentario, garante a privacidade e o anonimato absoluto dos beneficiarios, ademais de dinamizar o mercado. Ler máis

O CONCELLO RECORDA QUE SEGUE ACTIVO O PRAZO DE DOACIÓNS PARA A CAMPAÑA SOLIDARIA 'NINGÚN NENO SEN XOGUETE 2015'

Casares fixo un chamamento á colaboración da cidadanía nesta iniciativa solidaria, que ten como obxectivo entregar un agasallo por Nadal aos menores de familias con poucos recursos. As persoas que queiran unirse á campaña poderán aportar xoguetes, xogos educativos, material escolar ou roupa, facendo a entrega no desván ou nos centros comerciais. Ler máis

O CONCELLO ASINA COS CENTROS EDUCATIVOS UN PROTOCOLO PARA PREVIR DIFERENTES CONDUCTAS PROBLEMÁTICAS NO ÁMBITO ESCOLAR

O documento establece as canles de comunicación e actuación necesarias, co propósito de arbitrar as medidas oportunas que garantan o benestar dos menores. Ler máis

Roteiros de Lalín