Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Sede Electrónica Concello de Lalín
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Benestar

A Concellería de Benestar Social  está ubicada na segunda planta do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986780014.

Noticias

O CONCELLO RECORDA QUE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS COMPLEMENTARIAS AOS ESTUDO REMATA O DÍA 31

O orzamento total destinado ás bolsas é de 18.000 euros, cos que se poderá adquirir material escolar, roupa deportiva e libros de texto infantís. Cada alumno ou alumna beneficiada recibirá a cantidade de 100 euros, independentemente da etapa educativa na que se atope matriculado Ler máis

O CONCELLO DESTINA 20.000 EUROS Á MELLORA DAS VIVENDAS QUE NON REUNAN AS MÍNIMAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE

As axudas poderán alcanzar o 100% dos custos da actuación ou establecerse un copago, en función da renda do beneficiario. Os traballos de mellora comprenden dende actuacións xerais nas cubertas ou fachadas das vivendas, ata obras de habitabilidade adecentamento funcional Ler máis

O GOBERNO AMPLÍA AS BONIFICACIÓNS DE TRANSPORTE AOS ESTUDANTES DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

O executivo pretende beneficiar ao maior número de cidadáns. As axudas son de carácter diario ou semanal e as solicitudes pódense presentar no concello dende hoxe e ata o día 5 de setembro Ler máis

O GOBERNO CONDENA OS ASASINATOS MACHISTAS DOS ÚLTIMOS DÍAS E OFRECE O SEU APOIO ÁS MULLERES EN PROL DA IGUALDADE

Celia Alonso recorda que o Concello dispón dun Servizo de Igualdade e dun Centro de Información á Muller “que teñen que servir como elemento de protección” Ler máis

O DESVÁN MUNICIPAL PERMANECERÁ PECHADO NA SEGUNDA QUINCENA DE AGOSTO PARA EFECTUAR O CAMBIO DE TEMPADA

A atención ao público reiniciarase o xoves, día 3 de setembro. González Casares visitou o almacén para contemplar posibles carencias e estudar propostas que melloren o funcionamento do servizo. Ler máis

O GOBERNO PRESENTARÁ UNHA MOCIÓN PARA PEDIR QUE NON SE SUPRIMAN PRAZAS DOCENTES NAS GARDERÍAS PÚBLICAS DE LALÍN

González Casares indicou que seguen chegando solicitudes de reserva para o próximo curso “mentres a Xunta nos impón recortes en persoal educativo”. O executivo alega que a perda de servizos que facilitan a conciliación contribúe á perda de poboación. Ler máis

O AMPLO NÚMERO DE DOAZÓNS OBRIGA A REESTRUTURAR O DESVÁN MUNICIPAL

A falla de espazo onde colocar as numerosas entregas recibidas no Desván do Concello de Lalín fai que as persoas encargadas do mantemento deste servizo, que se presta desde a Concellería de Benestar e Emigración e que ten por obxecto cubrir as necesidades básicas das familias máis desfavorecidas, xunto coas voluntarias que participan cada xoves en dito programa fan unha clasificación das prendas e do calzado, segundo sexan máis apropiadas para a tempada de verán ou de inverno. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN INAUGURA O VINDEIRO VENRES UNHA EXPOSICIÓN INTERACTIVA MULTIMEDIA DE CELSO EMILIO FERREIRO DENTRO DOS ACTOS DE HOMENAXE AO POETA CELANOVÉS CON MOTIVO DO SEU CENTENARIO

A concelleira de Cultura agradece á Secretaría Xeral de Política Lingüística que nos teña cedido esta mostra, que non nola puido dexar antes por non ter datas dispoñibles, e indica que os actos continuarán o 1 de marzo, coa proxección do documental “100% CEF” Ler máis

Unha lalinense, Verónica Iglesias, imponse na novena edición do premio "Dillo a quen maltrata"

En total foron 171 os traballos presentados ao premio que tivo a unha veciña de Pontedeume como segunda clasificada. No concurso de tweets foron 137 as persoas que subiron a rede os seus comentarios. A gañadora foi Almudena Lagoa, de Cangas, polo tweet "Quéreme, bícame, apértame, cóidame e ámame ...pero sobre todo, respétame". Ler máis

CONCELLO DE LALÍN E COGAMI DESESENVOLVERÁN A I RUTA ACCESIBLE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE, UNHA INICIATIVA MODÉLICA COA QUE SE INCENTIVA A MOBILIDADE PARA ESTE COLECTIVO

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar na súa última sesión a sinatura dun convenio de colaboración municipal con Cogami para a realización deste itinerario urbano e natural polo centro urbano lalinense Ler máis

Roteiros de Lalín