Noticias

O CONCELLO DE LALÍN DESTINA 15 MIL EUROS A SUBVENCIONAR A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO NO EIDO DOS SERVIZOS SOCIAIS

As axudas permitirán desenvolver programas e actividades que beneficien a persoas e colectivos que se atopen en situación de desvantaxe. Este ano as asociacións poderán solicitar o adianto de ata o 80% da cantidade total a recibir e será subvencionable ata o 100% dos gastos de persoal. Ler máis

O CONCELLO ANIMA ÁS FAMILIAS LALINENSES A PARTICIPAR NO PROGRAMA DE ACOLLIDA DE REFUXIADOS SAHARAUÍS “VACACIÓNS EN PAZ”

O prazo para formalizar o compromiso de acollida remata o próximo o 16 de marzo e as persoas interesadas poden solicitar información no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 986262637. Na súa estancia os nenos teñen a oportunidade de realizar revisións médicas, melloran con creces a súa alimentación e coñecen outra cultural, ademais de evitar as altas temperaturas do verán no deserto. Ler máis

O CONCELLO ADQUIRE MATERIAL PARA INICIAR A PARTE FORMATIVA DO PROGRAMA “LALÍN CARDIOPROTEXIDO”

Mercáronse 8 maniquíes de adultos, 4 de lactantes e 2 desfibriladores de adestramento por un custe de 2.900 euros. O primeiro curso que se vai realizar terá lugar os días 23 e 24 de xaneiro e irá dirixido a persoal dos servizos deportivos municipais e membros de clubs deportivos do concello. Ler máis

UN TOTAL DE DEZ ENTIDADES E ASOCIACIÓNS COLABORAN XA NA CAMPAÑA “NINGÚN NENO E NENA SEN XOGUETE”

A Escola de Fútbol Lalín sumouse a unha proposta na que tamén participan a AED, os IES Laxeiro e Aller Ulloa, os centros comerciais Eroski e Pontiñas, as residencias Geriatros e Nosa Señora das Dores, Alimentación Nela e a Asociación de Alcohólicos Anónimos. A campaña ten o obxectivo de entregar un agasallo por Nadal aos menores de familias en risco de exclusión social e, ao mesmo tempo, fomentar a solidariedade. O desván municipal funciona como un dos puntos de entrega directa de xoguetes, roupa e outro útiles. Ler máis

O CONCELLO INCREMENTA EN 3 MIL EUROS A CANTIDADE DESTINADA AO REPARTO DE AXUDA ALIMENTARIA ÁS FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS POR NADAL

Son en total 7 mil euros fronte aos 4 mil do ano pasado, mentres que o número de unidades familiares beneficiadas se mantén ou descende lixeiramente. Os beneficiarios deberán trocar os bonos no comercio local. Ler máis

O CONCELLO APOSTA POLA CONCILIACIÓN CO PROGRAMA CONCILIA LALÍN INCLUÍDO NA ESTRATEXIA DUSI “LALÍN SSUMA21”

O Concello destinará á activación deste plan de marcado carácter social 217.500 euros dos 5 millóns dos fondos europeos FEDER concedidos a Lalín pola estratexia DUSI. “A posta en marcha deste programa xurde da necesidade de fomentar en Lalín a conciliación e de ordenar as actividades extraescolares, así como aportar outras máis novidosas”, explicou González Casares. Ler máis

O DESVÁN MUNICIPAL ESTREA NOVO LOCAL NA RÚA MEMORIAS DUN NENO LABREGO

O cambio non afecta de ningún modo ao funcionamento normal do almacén social, que continúa tendo como día de funcionamento os xoves, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas. Ler máis

A CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL ACTIVA A CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE O PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ 2017

As persoas e familias interesadas na acollida de menores saharauís poden acudir a solicitar información nos Servizos Sociais do Concello de Lalín ou no teléfono da ONG 986262637. SOGAPS estima para vindeiro ano a necesidade de 200 familias novas para sumarse ao programa, no que o prazo para formalizar o compromiso de acollida remata o 28 de xaneiro de 2017. Ler máis

O CONCELLO CONVIDA A PERSOAS, ASOCIACIÓNS OU CALQUERA ENTIDADE, A COLABORAR COA CAMPAÑA NINGÚN NENO E NENA SEN XOGUETE 2016

Poden participar a través de achegas individuais, da colocación de puntos de recollida ou da posta en marcha de iniciativas solidarias propias. A campaña ten o obxectivo de entregar un agasallo por Nadal aos menores de familias en risco de exclusión social e, ao mesmo tempo, fomentar a solidariedade. O desván municipal, que se mudou as antigas casas dos mestre so Xesús Golmar funciona como un dos puntos de entrega directa de xoguetes, roupa e outro útiles. Ler máis

ACTIVIDADES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CONCELLO DE LALÍN

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade, organiza unha serie de actividades de información, prevención e sensibilización que teñen por finalidade incrementar a concienciación e sensibilidade da sociedade ante esta gran lacra social. Ler máis

Roteiros de Lalín