Migracións

   

                    


Servizo de Atención ás Migracións

Departamento de servizos sociais comunitarios
Concello de Lalín
Praza de Galicia, núm. 1
Teléfonos: 986 780 014, 986 787 060

Horario de Atención ao Público

De luns a venres de 8:00 a 15:00


Servizo financiado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Política Social, que se enmarca dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER (FSE Galicia 2014-2020), no seu obxectivo 9 "promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación"

O SAMI encárgase de ofrecer recursos ás persoas migrantes en situación de vulnerabilidade para favorecer a súa inclusión social e laboral en igualdade de condicións que o resto da veciñanza.


Actuacións:

Intervención social coas persoas usuarias a través de proxectos de inclusión, elaborando itinerarios de inclusión sociolaboral con acompañamento.

Información e asesoramento sobre trámites administrativos específicos de estranxeiría e sobre recursos específicos de inclusión: permisos de residencia e traballo, visados, nacionalidade, reagrupamento, retorno voluntario,...

Acollida e información e/ou derivación a outros recursos de protección social, en coordinación con servizos e asociacións do municipio.

Información e xestión de prestacións sociais, educativas e sanitarias.

Información e derivación a recursos formativos e de inserción laboral.

Roteiros de Lalín