Turismo

Feira do Cocido

Volver a Feiras e Festas
Feira do Cocido

Declarada Festa de Interese Turístico Nacional en 2010, a Feira do Cocido é a exaltación dun dos pratos senlleiros da gastronomía galega.

Declarada Festa de Interese Turístico Nacional en 2010, a Feira do Cocido é a exaltación dun dos pratos senlleiros da gastronomía galega. Celébrase o Domingo anterior ó Entroido e co paso dos anos converteuse nunha das principais festas gastronómicas de Galicia e mesmo da península ibérica. Iniciou a súa andaina no ano 1968 co obxectivo de exaltar e dar a coñecer a vila como referente na produción de cárnicos de calidade e de excelentes produtos do agro. A Feira conta cun amplo programa de actos/actividades que teñen lugar no primeiro trimestre do ano e cuxo día grande celébrase cun vistoso desfile de carrozas, charangas e comparsas, a lectura do pregón e o nomeamento dos Comendadores do Cocido.


www.lkm0.org


Roteiros de Lalín