Turismo

Noticias

A CONCELLERÍA DE TURISMO CONTINÚA DIFUNDINDO OS RECURSOS TURÍSTICOS DE LALÍN COA PUBLICACIÓN DUNHA SERIE DE CARTEIS DIVULGATIVOS

A iniciativa enmárcase dentro da campaña “Lalín, un interior único” e ten a intención de seguir promocionando de forma activa as riquezas e encantos locais. O material pretende ter o máximo alcance, polo que se fará chegar ao público, entre outro modos, a través do bus do Cocido. Ler máis

O CONCELLO COLOCA PANEIS INFORMATIVOS NOS MONUMENTOS A JOAQUÍN LORIGA E A RAMÓN Mª ALLER

A súa finalidade é a de facilitar ao visitante toda a información sobre dous dos nosos máis relevantes fillos predilectos. A iniciativa segue a filosofía da concellería de Turismo de “ser proactivos nas actividades promocionais”. Ler máis

O CONCELLO ACORDA COS RESTAURADORES A ELECCIÓN DO “PIN DO COCIDO 2017”

O deseño, escollido a proposta dos propios hostaleiros, toma como referencia unha figura da “Lalín Pork Art” creada polo artista Juan Carlos Platis. Agárdase que as insignias poidan comezar a distribuírse polos locais participantes no Mes do Cocido en decembro. Ler máis

LALÍN PROMOCIONARÁ A FEIRA DO COCIDO EN PORTO, DENTRO DAS LIÑAS DE COLABORACIÓN CONXUNTA EN MATERIA TURÍSTICA

Rafael Cuíña mantivo unha reunión co presidente da Cámara Municipal de Porto para estudar liñas de colaboración en materia turística con interese especial na difusión do Cocido. Ler máis

O CONCELLEIRO DE TURISMO COORDINA A COLOCACIÓN DE NOVA SINALÉCTICA NO CAMIÑO DE INVERNO

Marcáronse todos os puntos nos que serán dispostos os novos sinais para que a sinalización quede o máis efectiva e recoñecible posible. Ler máis

COMEZA A ORGANIZACIÓN DO COCIDO 2017

-O alcalde e o concelleiro de Turismo mantiveron unha reunión con representantes da hostalaría na que se abordaron diferentes cuestións relacionadas co festexo gastronómico. Ler máis

O CONCELLO DESCENTRALIZA A INFORMACIÓN TURÍSTICA CUNHA OFICINA MÓBIL QUE SE DESPRAZARÁ A DIFERENTES CIDADES E EVENTOS DE GALICIA DURANTE ESTE TRIMESTRE

A finais de outubro estará en Compostela, promocionando Lalín nun evento internacional canino que congregará a máis dun millar de persoas de 12 países. Francisco Vilariño enmarca esta iniciativa na súa aposta polas “políticas activas de turismo, nas que teñamos presenza onde haxa xente que despois poida vir a visitarnos”. Ler máis

LALÍN ACOLLERÁ EN OUTUBRO A VISITA DE 10 INFLUINTES BLOGUEIROS, CO OBXECTIVO DE ALCANZAR A MÁXIMA DIFUSIÓN DOS RECURSOS TURÍSTICOS DO CONCELLO NA REDE

Os expertos coñecerán aqueles espazos de maior valor, con especial atención ás potencialidades paisaxísticas, etnográficas e gastronómicas do municipio. Vilariño sostén que “a influencia dos bloggers do sector turístico é cada vez máis relevante, polo que estas estratexias son óptimas para poder obter éxito á hora de darnos a coñecer e acoller un maior número de visitantes”. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN PON EN VALOR A REDE MUSEÍSTICA DO MUNICIPIO COA PUBLICACIÓN DUN TRÍPTICO INFORMATIVO

Trátase do segundo documento dunha serie publicacións coas que o Concello quere poñer en valor os seus principais recursos turísticos. Vilariño considera que “a posta en marcha desta nova ferramenta de consulta servirá para dar un paso adiante na difusión destes espazos culturais e para incrementar número de visitantes”. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN PON EN VALOR LIÑARES COA PRIMEIRA PUBLICACIÓN TURÍSTICA DE PROMOCIÓN DO PAZO

O tríptico é o primeiro dunha serie que servirá para difundir os grandes atractivos de Lalín entre os visitantes. Vilariño salienta o esforzo que se está a facer dende o Goberno local para que Liñares sexa un dos grandes referentes turísticos do concello. Ler máis

Roteiros de Lalín