cabecera xuventude

Xuventude

imagen interna principal concejalia

A Oficina Municipal de información Xuvenil está ubicada na Casa do Concello de Lalín, na Praza de Galicia, nº1.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986787052 e enderezo electrónico xuventude@lalin.org.

A misión da Concellería de Xuventude é favorecer a inserción social e económica dos mozos dende a participación, para isto é recomendable presentar un Plan Anual de Actividades, estas actividades poden estar organizadas tanto pola propia Concellería como por asociacións ou colectivos. Se os mozos/as son os destinatarios de todo o traballo que desenvolve a Concellería, tamén os consideramos suxeitos activos, tanto na toma das decisións que lles afectan como na xestión dos proxectos e accións que se poñan en marcha. Deste modo, a Concellería de Xuventude debería contar coa participación dos mozos, individual e colectivamente, a través das súas Asociacións e do futuro Consello Municipal de Xuventude, no que se integrarán..

Sobre estes tres piares - participación, xestión cos mozos e coordinación, aséntase o traballo da Concellería de Xuventude, que se pretende poñer en marcha as seguintes propostas:

* Obter máis participación dos mozos, mediante a súa incorporación ó Consello Municipal da Xuventude.

* Favorecer o acceso ó emprego, mediante programas que favorezan a creación de postos de traballo, o autoemprego, a iniciativa empresarial e a formación entre a xuventude.

* Facilitar o acceso á vivenda, poñendo ó seu servicio información e asesoramento de balde no tocante a axudas , etc.

* Impulsar as relacións internacionais e intercambios entre mozos, poñendo especial énfase na participación de Programas da Unión Europea para a xuventude.

* Axudar ós mozos a definir os seus itinerarios formativos, mediante a información e o asesoramento en materia de educación.

* Promover unha ocupación do ocio e o tempo libre mediante prácticas saudables e que favorezan la convivencia.

* Desenvolver accións dirixidas a evitar prácticas de risco entre a poboación xuvenil e que contribúan ó seu desenvolvemento integral e afirmación persoal, en definitiva, que melloren a súa saúde e calidade de vida.

Noticias

40 MENORES PODERÁN PARTICIPAR NO CAMPAMENTO DE NADAL DO CONCELLO DE LALÍN QUE SE CELEBRARÁ ENTRE O 21 E O 30 DE DECEMBRO

As persoas interesadas deberán realizar as súas inscrición do 1 ao 14 de decembro no concello. Ler máis

CURSO DE IMPRESIÓN 3D

OBXECTIVOS. Obter coñecementos que nos permitan realizar impresións 3D de nivel medio nas tecnoloxías FDM e SLA. Imprimir distintas pezas con distintos materiais para comprender as distintas aplicacións. Ler máis

LALÍN ACOLLE DOUS CURSOS GRATUÍTOS PARA MOZOS E MOZAS A TRAVÉS DO PROGRAMA ACTÍVATE

Serán de iniciación á fotografía e de repostaría, con 25 prazas cada un. A inscrición permanecerá aberta ata o vindeiro día 27 na OMIX para alumnado de entre 16 e 35 anos. Ler máis

O CONCELLO APROBA AXUDAS AO TRANSPORTE PARA 150 ESTUDANTES UNIVERSITARIOS E DE CICLOS FORMATIVOS

116 solicitudes foron presentadas por parte de estudantes universitarios, das que 11 se corresponden á modalidade diaria. O Goberno ampliou as subvencións ao estudantado de ciclos medios e incrementou a cantidade destinada a este fin de 9.000 a 15.000 euros. Ler máis

O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES ÁS AXUDAS AO TRANSPORTE PARA ESTUDANTES REMATA ESTA SEMANA

Polo de agora recibíronse 65 peticións, na súa gran maioría para acceder á modalidade semanal do bono de transporte universitario. O Goberno ampliou este ano as bonificacións de transporte aos estudantes de ciclos formativos de grao medio. Ler máis

O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS URBANOS E NO MAR

En total poderán participar ata 220 nenos e nenas. Tendo en conta o carácter integrador da actividade, o 25% das prazas de cada quenda nos distintos campamentos será gratuíta. O campamento da praia aumenta nun 10% o número de prazas e dobra o tempo de estancia para os nenos de entre 13 e 17 anos. Ler máis

O concello de Lalín reparte mañá un centenar de invitacións para asisitir ao espesctáculo Brica-Bolechas

Lalín acolle o 3 de xaneiro no Auditorio Municipal o espectáculo musical Brinca-Bolechas no que os protagonistas son os persoeiros de comic e debuxos de televisión deseñados polo debuxante Pepe Carreiro. As invitacións poderán recollerse na mañá do sábado, a partir das 10:00 horas, no rexistro do Concello.

Balance positivo das actividades de verán

A Concellería de Deportes e Xuventude fai un balance positivo dos campamentos nesta edición, que incorporou como novidade o campamento multideportivo Ler máis

Comezan os campamentos de verán

Uns 65 rapaces participarán nas primeiras quendas dos campamentos urbanos e multideportivos desde o próximo luns, 2 de xullo Ler máis

Roteiros de Lalín