Noticias

O CONCELLO DE LALÍN RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 21.600 EUROS PARA AMPLIAR A ZONA DE LECER DA PISCINA EXTERIOR

A achega representa o 80% do investimento total necesario para a execución dos traballos, que ascende a 31.865,09 euros. Casares considera necesario executar este ensanchamento, consciente de que “a gran afluencia que o espazo ten no verán pode chegar a provocar sensación de masificación”. O proxecto consiste no levantamento dun muro de contención con recheo posterior mediante o que se gañarán 5 metros de anchura no lateral norte do recinto. Ler máis

O CONCELLO ASINA UN CONVENIO CON CORETI PARA A CESIÓN DUN “PORQUIÑO” PROMOCIONAL DA FEIRA DO COCIDO

O concelleiro de Turismo explicou que o obxectivo “é estender estes acordos a outras firmas” mediante os que se consigue “recuperar as réplicas e, ao mesmo tempo, darlle unha gran utilidade turística”. Ler máis

O CONCELLO EXPÓN A COMERCIANTES E HOSTALEIROS DO CENTRO DA VILA O NOVO E AMBICIOSO PLAN DE DINAMIZACIÓN SOCIAL DE LALÍN

O documento recolle unha serie de propostas e accións específicas coas que atraer visitantes ao centro da vila e revitalizar a zona. Destaca a iniciativa de realizar novidosas feiras temáticas non repetitivas os primeiros sábados dos meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro. Estas feiras serán o complemento idóneo para o mercado de produtos ecolóxicos que se desenvolven cada sábado nas rúas peonís. O alcalde puxo de relevo “o traballo inxente do Goberno no afán por recuperar a actividade comercial en Lalín”. Ler máis

O PROGRAMA DE VISITAS ÁS PARROQUIAS DE LALÍN ESTÁ PERMITINDO DAR REPOSTA A DIFERENTES DEMANDAS VECIÑAIS “EN TEMPO RÉCORD”

Cuíña mantivo esta semana un encontro veciñal en Moneixas e visitou Muimenta, Meixomín ou Goiás entre outros lugares. O alcalde convocará nos vindeiros días un novo encontro en Camposancos para coñecer as súas peticións. Mantén un contacto permanente cos novos alcaldes de barrio para coñecer de maneira inmediata os principais problemas que van xurdindo en cada parroquia. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN ACONDICIONA O CIRCUÍTO DE MOTOCROSS DO CARRIO

A pista atopábase moi deteriorada debido, principalmente á enorme proliferación de maleza que rodeaba todo o trazado. O obxectivo do Goberno é recuperar o circuíto, “un dos mellores do Estado”, de modo que volva ser válido tanto para o seu uso por parte de afeccionados, como para competicións. Ler máis

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ENDURO

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ENDURO E CAMPIONATO GALEGO

O CONCELLO TRABALLA PARA DESTINAR 100 MIL EUROS A PROGRAMAS DO FOMENTO DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

A iniciativa servirá para complementar o plan destinado aos mozos do Concello e no que se investirán 35 mil euros. O alcalde afirma que “a creación de emprego é unha das obsesións que ten o Goberno municipal para este mandato” e agarda que estes dous proxectos “rebaixen as cifras de paro durante este mesmo ano”. Ler máis

O ALCADE ASINA COA XUNTA O CONVENIO PARA A ADQUISICIÓN DE MOBILIARIO PARA A NOVA BIBLIOTECA MUNIICIPAL

Esta axuda de 40.000 euros súmase á achega da Deputación de Pontevedra para o mesmo fin, que alcanza os 40.219. Rafael Cuíña mostrouse agradecido coa colaboración do conselleiro, Román Rodríguez, “que servirá para que Lalín teña unha biblioteca moderna e de referencia en Galicia”. O novo centro cultural, que acolle esta tarde un curso impartido por AFAPO, conta coa primeira conexión a internet externa e pública de Lalín. Ler máis

ROTEIROS DE LALÍN REEDITA A RUTA DA PONTE DOS CABALOS

A ruta celebrarase novamente o próximo domingo, debido ao interese dun bo número de veciños de O Carballiño en realizar esta andaina. Ler máis

Roteiros de Lalín

ver plano lalin