A CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL ACTIVA A CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE O PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ 2017

Luns 28 de Novembro de 2016 - As persoas e familias interesadas na acollida de menores saharauís poden acudir a solicitar información nos Servizos Sociais do Concello de Lalín ou no teléfono da ONG 986262637. SOGAPS estima para vindeiro ano a necesidade de 200 familias novas para sumarse ao programa, no que o prazo para formalizar o compromiso de acollida remata o 28 de xaneiro de 2017.

Os servizos sociais do Concello de Lalín poñen en marcha un ano máis unha campaña de información sobre o programa vacacións en paz 2017" en coordinación e colaboración coa a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) e coas familias acolledoras. O obxectivo é o de sensibilizar sobre a situación de necesidade que están a sufrir fundamentalmente os máis cativos do pobo Saharauí, e axudar á Asociación SOGAPS na campaña de captación de familias residentes e empadroadas no municipio, para que participen como familias acolledoras de nenos e nenas saharauís.

No ano 2016 o programa contou coa participación de 3 familias acolledoras do municipio, que lle ofreceron a tres cativos unha alternativa de ocio e tempo de lecer, ó mesmo tempo que recibiron a asistencia sanitaria que precisaban (a través dun seguro conxeniado co SERGAS), evitando a súa estancia nos seus campamentos durante os meses de xullo e agosto por ter as temperaturas máis altas ( +50º·).

Así, manterase aberto o prazo durante todo o ano para asesorar a todas aquelas familias que desexen máis información sobre a campaña ou participar como familias acolledoras. Para elo poderán acudir ao departamento de servizos sociais do Concello, ou chamando ao teléfono 986780014.

Nenas e nenos refuxiados saharauis buscan familia de acollida dentro do Programa Vacacións en Paz”

O programa Vacacións en Paz que permite acollida de nenas e nenos refuxiados saharauís , organizado e levado acabo dende 1991 polo movemento solidario co pobo saharauí en Galicia a través da Ong Solidariedade Galega co Pobo Saharauí ,ante a circunstancia de exilio que vive a poboación saharauí, nun conflito que xa perdura no tempo 41 anos, na que as Nacións Unidas non acaba de rematar o proceso de descolonización da antiga provincia española .

Estas nenas e nenos refuxiados, xunto coas súas familias sobreviven case ao 100% da axuda humanitaria, nun lugar inhóspito, a chamada “Hamada ” no suroeste de Arxelia, cerca da cidade de Tinduf, donde arredor de 180.000 saharauís se encontran en Campamentos de Refuxiados .

Vacacións en Paz” é un programa vital para poboación refuxiada, xa que permite que cada ano nos meses de verán nenas e nenos refuxiados se achegan a Galicia. A solidariedade das familias lalinenses tamén se mostra neste programa con familias do municipio que participan por primeira vez no ano 1998 familias, sendo no 2016 tres as familias de acollida de Lalín que ratificaron, unha vez máis, a súa solidariedade acollendo nos seus fogares a Nayhem , Lahda e Lehyeila cunha experiencia que cualifican como moi positiva. A súa estancia temporal permítelle realizar revisións médicas, mellorar a alimentación, coñecer outra cultura, aprender as linguas galega e castelá, poñer de manifesto a situación na que vive o pobo saharauí e, en definitiva, convivir cunha familia de acollida e afastarse das altas temperaturas con cifras que se alcanzan nos campamentos de ata 55 graos en verán.

A ONG estima para vindeiro ano a necesidade de 200 familias novas para sumar ao programa, no que o prazo para formalizar o compromiso de acollida remata o 28 de xaneiro de 2017. Cada persoa interesada pode acudir a solicitar información nos Servizos Sociais do Concello de Lalín ou no mesmo teléfono da ONG 986262637. Algúns dos requisitos para poder acoller pasan por realizar unha xornada formativa onde se explica todo o referente ao programa, así como a situación que vive o pobo saharauí, tamén se debe aportar o certificado de antecedentes penais, así como a carencia de delitos naturais sexuais e ter a valoración positiva de servizos sociais.

O programa contou neste 2016 coa colaboración económica de varios concellos da comarca ,concretamente o Concello de Lalín realizou recentemente unha aportación de 1500 euros, ao que se suman as diversas actividades que se realizaron nos colexios da comarca “Carreiras Solidarias” , Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí e mercadillos . A ONG está en contacto co organismo autonómico para buscar un financiamento estable para o programa.

Ademais Solidariedade Galega co Pobo Saharauí realiza varios proxectos con destino aos Campamentos de Refuxiados Saharauís, como son cooperación ao desenvolvemento, axuda humanitaria e de emerxencia, proxecto escolar Vicente Fernández , proxectos sanitarios e proxectos deportivos. Na actualidade realiza unha campaña de captación de voluntariado para fortalecer ditos proxectos, na que calquera persoa interesada pode informarse na súa web www.sogaps.org .

Roteiros de Lalín