O CONCELLO CONVIDA A PERSOAS, ASOCIACIÓNS OU CALQUERA ENTIDADE, A COLABORAR COA CAMPAÑA NINGÚN NENO E NENA SEN XOGUETE 2016

O CONCELLO CONVIDA A PERSOAS, ASOCIACIÓNS OU CALQUERA ENTIDADE, A COLABORAR COA CAMPAÑA NINGÚN NENO E NENA SEN XOGUETE 2016
Sábado 26 de Novembro de 2016 - Poden participar a través de achegas individuais, da colocación de puntos de recollida ou da posta en marcha de iniciativas solidarias propias. A campaña ten o obxectivo de entregar un agasallo por Nadal aos menores de familias en risco de exclusión social e, ao mesmo tempo, fomentar a solidariedade. O desván municipal, que se mudou as antigas casas dos mestre so Xesús Golmar funciona como un dos puntos de entrega directa de xoguetes, roupa e outro útiles.

O Concello de Lalín, a través da concellería de Benestar Social, fai un chamamento a todas as persoas a título individual, así como a empresas, asociacións, colectivos ou entidades do tecido social lalinense que estean interesadas, a colaborar coa campaña Ningún neno e nena sen xoguete 2016. Esta iniciativa ten o obxectivo de entregar un agasallo por Nadal aos menores de familias en risco de exclusión social do municipio e, ao mesmo tempo, fomentar a solidariedade como valor inspirador entre as persoas e os grupos sociais, atendendo especialmente á ilusión dos máis novos. As formas de colaborar son diversas. Por unha parta dáse a posibilidade de que calquera entidade coloque un punto de recollida de de agasallos novos ou usados, ou de que organice unha iniciativa solidaria para que todas as persoas que o desexen poidan participar de xeito directo na campaña. Así mesmo, cada persoa poderá participar individualmente aportando agasallos aos puntos de acopio.

Os beneficiarios do proxecto son aquelas familias do municipio que se encontren en situación de desvantaxe social con menores de idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos. Así, a primeira fase da campaña, xa executada, consistiu na elaboración por parte dos empregados de Benestar Social dunha listaxe de familias que opten a entrar en Ningún neno e nena sen xoguete 2016. Poderanse aportar xoguetes, xogos educativos, material escolar, roupa etc. Durante todo o mes de decembro irase procedendo á selección de agasallos segundo o seu estado de uso, reutilizándose a aqueles que estean en bo estado e e reciclándose aqueles que non. Por último, asignaránselle os agasallos a cada menor de cada unidade familiar seleccionada, procedendo á entrega dos mesmos o día 5 de xaneiro, coincidindo co día de Reis.

Desván municipal

Como vén sendo habitual, os agasallos que se recaden ao longo do mes de decembro irán sendo depositados no desván municipal, espazo que tamén s easigna como punto de recollida directa e que esta semana se mudou de dependencias, trasladándose aos baixos das antigas casas dos mestres do colexio Xesús Golmar, situadas no número 14 da rúa Memorias dun neno labrego. O cambio débese a que o anterior local das antigas casas do Manuel Rivero, será reformado dentro do obradoiro de emprego “Rivero Social Lalín”, no que se acometerá o arranxo de 6 destas vivendas.

A mudanza non afecta de ningún modo ao funcionamento normal do almacén social, que continuará tendo como día de funcionamento os xoves, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas. Durante estas xornadas as persoas interesadas poderán seguir facendo as súas achegas solidarias, sendo necesarias, nestas datas, ademais de xoguetes para a campaña, roupa de abrigo e mantas, así como calquera outro tipo de útil doméstico. Deste xeito, sen ir máis lonxe, o próximo xoves, sen necesidade de atrasar as entregas programadas, atenderase a entre 6 e 8 unidades familiares como se estivo facendo ata o momento. Ata este mesmo día, as persoas voluntarias habituais intensificarán o seu traballo no desván, reforzadas por un grupo de voluntarios e voluntarias puntuais, que en parte proveñen do colectivo ASPADEZA e que colaborarán, tal e como estipula o convenio asinado entre o Concello e este colectivo, na selección e clasificación de útiles.


Roteiros de Lalín