Axudas premios e bolsas

BASES E CONVOCATORIA DO XXXII PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO”

Imagen BASES E CONVOCATORIA DO XXXII PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO”
BASES E CONVOCATORIA DO XXXII PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO”

O Concello de Lalín (Pontevedra) en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, asociacións gastronómicas galegas e a Axencia Turismo de Galicia (Xunta de Galicia), convoca o XXXII PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO”, recoñecido como o premio gastronómico máis importante do Estado. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de decembro de 2025. 

Primeira. Obxecto e finalidade As presentes bases teñen por obxecto establecer os criterios e procedementos que regularán a concesión do XXXII PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO”. A finalidade desta subvención é a de fomentar a difusión da cociña galega premiando o labor realizado por xornalistas e escritores/as que prestaron especial atención ao devandito tema así como, por ampliación, do Premio Nacional de Xornalismo. Os ditos premios concederanse nas seguintes categorías:

a) Traballo xornalístico

b) Traballo académico

 

Segunda. Beneficiarios Poderán tomar parte no devandito concurso os/as escritores/as, xornalistas e particulares que publicaran artigos, libros, entrevistas, reportaxes, viñetas, fotografías, comentarios, etc. en galego, en castelán ou calquera idioma, nos distintos medios de comunicación (prensa, radio, televisión, redes sociais e publicacións), sobre temas relacionados coa gastronomía galega en particular e a gastronomía en xeral, nos últimos dous anos. Ademais, poderán tomar parte os/as estudantes do Grao de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual que presenten os seus traballos académicos relacionados coa gastronomía. Non poderán ser premiados os/as gañadores/as de edicións inmediatamente anteriores, en ningunha das modalidades. En ningún caso, poderán adquirir a condición de beneficiarios/as os que se atopen en calquera das circunstancias recollidas no artigo 10, apartados 2 e 3, da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. Terceira.

Requisitos

1. Unicamente se poderá presentar unha obra por autor/a, en cada modalidade.

2. As obras presentadas serán: artigos, libros, entrevistas, reportaxes, viñetas, fotografías, comentarios, etc.

E os/as autores/as garantirán o seguinte:

a) Deberán inscribirse de maneira obrigatoria en calquera dos xéneros xornalísticos.

b) Poderán estar escritos en galego, castelán ou calquera outro idioma.

c) Publicados en distintos medios de comunicación (prensa, radio, televisión, redes sociais e publicacións) nos dous últimos anos.

3. As obras versarán sobre temas relacionados coa gastronomía galega en particular e a gastronomía en xeral.

4. As obras non poderán seren premiadas con anterioridade en ningún outro concurso nacional ou internacional, nin terse presentado a ningún outro certame cuxo fallo deberá producirse antes da resolución da presente convocatoria.

2. O prazo para a presentación dos traballos comezará ao día seguinte ao da data da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP remitido pola Base de Datos Nacional de Subvencións e rematará o día 30 de decembro de 2025. En todo caso, se o envío se realizara por correo ordinario, terase en conta a data que figure no selo postal. Quinta. Concesión e premios Os premios, por importe total de 5.000,00 €, convócanse con cargo ao crédito consignado na aplicación orzamentaria 0.334.48100 do Proxecto de Orzamento Xeral do Concello de Lalín para o exercicio 2026. Os premios subdivídense nas seguintes modalidades coa súa correspondente dotación económica.

1. Premio, dotado con catro mil euros (4.000,00 €), ao mellor traballo xornalístico presentado entre todas as categorías, ao que poderán concorrer os escritos publicados en medios de comunicación impresos: os libros, traballos, publicacións ou investigacións sobre gastronomía; os traballos xornalísticos emitidos en radios e televisións; as páxinas web con contidos dedicados á gastronomía ou os traballos gráficos (fotografía, viñeta, etc.) publicados en medios de comunicación impresos.

2. Premio, dotado de mil euros (1.000,00 €) ao mellor traballo académico (prensa, radio, televisión e web) dedicado á gastronomía presentado por alumnos de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual de toda a xeografía nacional co fin de potenciar aos novos valores da profesión xornalística.

 (INFORMACIÓN COMPLETA NAS BASES DA CONVOCATORIA)

Documentos

BASES REGULADORAS E AXUDAS ECONÓMICAS DIRECTAS PARA O FINANCIAMENTO DA OBTENCIÓN DO CARNÉ DE CONDUCIR A PERSOAS MOZAS DO CONCELLO DE LALÍN . Programa ConduceLalin

Imagen BASES REGULADORAS E AXUDAS ECONÓMICAS DIRECTAS PARA O FINANCIAMENTO DA OBTENCIÓN DO CARNÉ DE CONDUCIR A PERSOAS MOZAS DO CONCELLO DE...
BASES REGULADORAS E AXUDAS ECONÓMICAS DIRECTAS PARA O FINANCIAMENTO DA OBTENCIÓN DO CARNÉ DE CONDUCIR A PERSOAS MOZAS DO CONCELLO DE LALÍN . Programa ConduceLalin

Prazo de solicitude 1 mes a partir do día seguinte á publicación de extracto no BOPPO.

Data publicación bases: Luns, 15/09/2025, BOPPO nº 175

Data publicación extracto: Venres, 19/09/2025, BOPPO Nº 179

Ao coincidir o día seguinte cos festivos locais, O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES INICIARASE O MÉRCORES, 24/09/2025

Documentos

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS PARA O ANO 2025

Imagen BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS PARA O ANO 2025
BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS PARA O ANO 2025

Hoxe día 30 de xuño sae publicado o extracto das bases na web, polo que o prazo dos vinte días naturais comeza a contar a partir de mañá día 1 de xullo.  Exténdese ata o 21 de xullo, por ser o día 20 inhábil.

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A
REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS PARA O ANO 2025

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a de a Lei 38/2003, do 17 de
novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto
completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións.
Primeiro. Beneficiarios: Poderán solicitar as subvencións as persoas xurídicas e
agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, sempre que cumpran
os requisitos dispostos nas bases. Así mesmo, poderán solicitar subvención ao amparo
destas bases os centros públicos de ensino do Concello de Lalín, aquelas entidades ou
asociacións que desenvolvan accións de carácter formativo para persoas con
necesidades especiais e as ANPAS dos centros públicos de ensino e conservatorios de
titularidade pública. Os solicitantes deberán cumprir os requisitos indicados nas bases.

Segundo. Obxecto: Concesión de axudas destinadas a financiar programas de
actividades de carácter cultural promovidas por asociacións, ou centros públicos de
ensino de Lalín que se realicen entre o 1 de decembro de 2024 e o 29 de novembro de
2025.

Terceiro. Bases reguladoras: Bases reguladoras da concesión de axudas para a
realización de actividades culturais para o ano 2025. Publicadas no BOP de Pontevedra
núm. 120, do mércores 25 de xuño de 2025.

Cuarto. Contía: Para a concesión destas subvencións destínanse un total de 10.000
euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes
será de vinte días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da
convocatoria no BOP. Se o último día fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro
día hábil seguinte.

Lalín, 25 xuño de 2025
Concelleira delegada de Cultura
Begoña Blanco Blanco

Documentos

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES E GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS BANDAS DE MÚSICA DO CONCELLO DE LALÍN DURANTE O ANO 2025

Imagen BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES E GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS BANDAS DE MÚSICA DO...
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES E GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS BANDAS DE MÚSICA DO CONCELLO DE LALÍN DURANTE O ANO 2025

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións.

 

Primeiro. Beneficiarias e requisitos

 

Serán beneficiarias destas subvencións as bandas de música e as agrupacións de música tradicional galega do Concello de Lalín sempre que cumpran os seguintes requisitos:

 

a) Estar validamente constituídas

b) Ter o seu domicilio social en Lalín

c) Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e ter actualizada a información no mesmo

d) Desenvolver as súas actividades total ou parcialmente no Concello de Lalín

e) Estar integradas por un mínimo de 20 membros

f) Contar con posto de dirección

g) Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Lalín

h) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social así como coa Administración Autonómica e co Concello de Lalín

 

En calquera caso, non poderán ter a condición de beneficiarias aquelas entidades nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003 do 17 novembro, Xeral de Subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

 

As entidades beneficiarias das subvencións reguladas nas presentes bases non poderán resultar beneficiarias das subvencións para actividades culturais convocadas polo Concello de Lalín.

 

Segundo. Obxecto

 

Constitúe o obxecto das presentes bases a concesión de subvencións para a realización de actividades así como para sufragar os gastos de funcionamento das bandas de música e das agrupacións de música tradicional galega do Concello de Lalín que se realicen entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025.

 

Terceiro. Bases reguladoras

 

Bases reguladoras e convocatoria das subvencións para a realización de actividades e gastos de funcionamento das bandas de música e das agrupacións de música tradicional galega do Concello de Lalín publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO núm. 115 do 18 de xuño de 2025).

 

Cuarto. Contía

 

As subvencións reguladas ao abeiro destas bases faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 334.48930 ata un importe máximo de cen mil euros (100.000 euros), correspondente ao orzamento do Concello de Lalín para o ano 2025.

 

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

 

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

 

 

Lalín, 18 de xuño de 2025

A Concelleira de Educación e Cultura,

Begoña Blanco Blanco

Documentos

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS PARA O ANO 2025

Imagen BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS PARA O ANO 2025
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS PARA O ANO 2025
Documentos

MODELO DE AUTORIZACIÓN DO INTERESADO PARA RECABAR DATOS DA AXENCIA TRIBUTARIA, DA TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL E DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA RELATIVOS Á SITUACIÓN DÉBEDA

Imagen MODELO DE AUTORIZACIÓN DO INTERESADO PARA RECABAR DATOS DA AXENCIA TRIBUTARIA, DA TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL E DA AXENCIA...
MODELO DE AUTORIZACIÓN DO INTERESADO PARA RECABAR DATOS DA AXENCIA TRIBUTARIA, DA TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL E DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA RELATIVOS Á SITUACIÓN DÉBEDA
Documentos

BASES REGULADORAS QUE REXERÁN O CONTRATO PRIVADO "ALUGUEIRO DO ALBERGUE MUNICIPAL VICENTE AGULLÓ"

Imagen BASES REGULADORAS QUE REXERÁN O CONTRATO PRIVADO
BASES REGULADORAS QUE REXERÁN O CONTRATO PRIVADO "ALUGUEIRO DO ALBERGUE MUNICIPAL VICENTE AGULLÓ"

Regular o contrato privado denominado “ALUGUEIRO DO ALBERGUE MUNICIPAL “VICENTE AGULLÓ”

Documentos

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “LALIN VERDE”.

Imagen BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE...
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “LALIN VERDE”.
Documentos

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “LALÍN VERDE”.

Imagen BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE...
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “LALÍN VERDE”.
Documentos

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES E GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS BANDAS DE MÚSICA DO CONCELLO DE LALÍN DURANTE O ANO 2024

Campamentos de verán Lalín 2024

Imagen Campamentos de verán Lalín 2024
Campamentos de verán Lalín 2024

Todos os admitidos, previa liquidación das taxa serán chamados a unha reunión inicial de campamentos.

O prazo de liquidación da tasa remata o mércores 10/07/2024 as 0:00 Horas

Presentar Recibo e o xustificante de pago por rexistro do Concello (presencial ata as 15:00 horas e por rexistro electrónico ata as 0:00 horas)

ENLACE AUTOLIQUIDACIÓN                      https://lalin.sededigital.org/Default.aspx?key=ywhv8ARPM/nr0PlcW+YkqBDVnFR9orfRBbwu+NeuO5xhUBvWvIbfnRGKxLxbSzNm81yjStuJF1fL07oGe/tr4/qnNAuU6H6l7cqIdkPGSiY=

Documentos

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS PARA O ANO 2023

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS PARA O ANO 2024

Imagen BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS PARA O ANO 2024
BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS PARA O ANO 2024

Prazo de presentación de solicitudes do 25/05/2024 ao 13/06/2024

Documentos

“CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE LALÍN E A ASOCIACIÓN CABALEIROS DE LALÍN PARA A CELEBRACIÓN DA XXXIV FEIRA DO CABALO.”

Imagen “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE LALÍN E A ASOCIACIÓN CABALEIROS DE LALÍN PARA A CELEBRACIÓN DA XXXIV FEIRA DO CABALO.”
“CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE LALÍN E A ASOCIACIÓN CABALEIROS DE LALÍN PARA A CELEBRACIÓN DA XXXIV FEIRA DO CABALO.”

“CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE LALÍN E A ASOCIACIÓN CABALEIROS DE LALÍN PARA A CELEBRACIÓN DA XXXIV FEIRA DO CABALO.”

“CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE LALÍN E A ASOCIACIÓN CABALEIROS DE LALÍN PARA A CELEBRACIÓN DA XXXIV FEIRA DO CABALO.”

Documentos

PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL 2023-2024

Imagen PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL 2023-2024
PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL 2023-2024

A Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ven de conceder ao Concello de Lalín unha subvención por importe de 115.277,99 € para a execución do investimento denominado MELLORA DE ACCESOS A VARIOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN EN SANTISO-LALIN, financiada no marco do Plan Estratéxico da PAC a través dos fondos Feader da Unión Europea.

km0