Conservatorio

Conservatorio profesional

O CMUS Profesional de Lalín leva en funcionamento dende o 1991, con carácter de conservatorio oficial de Grao Profesional. Depende organicamente do Patronato Cultural e ten a súa sede no Auditorio Municipal de Lalín.

O Conservatorio non só atende a demanda dos alumnos e alumnas do Deza, senón doutras comarcas. A oferta educativa inclúe as especialidades instrumentais de: Frauta travesa, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, tuba, percusión, piano, violín e violoncello.

A formación complétase coas clases teórico-prácticas así como con numerosas actividades complementarias e extraordinarias.

Tamén é berce doutras formacións coma a Orquestra de Cámara de Lalín, Loriga Sax (cuarteto de saxofóns), Hadhietxekos (Grupo de clarinetes) ou Ars Percutio (Grupo de Percusión).

Numerosos solistas e profesores de renome nacional e internacional impartiron o seu maxisterio ofrecendo numerosas clases ou cursiños. Destacan Joan Enric Lluna, Vicente Alberola, Benjamín Moreno, James Ross, Leonel Morales, Josep Vicent Faus, Steven Mead, etc. Tamén destacan os cursos de dirección de Banda impartidos polos mestres Henrie Adans, Johan de Meij e Jan Cober, entre outros.

km0