ANA OJEA ALONSO
Imagen ANA OJEA ALONSO width: 100%;

Profesora e titora LGBTIQA+ no IES Politécnico de Vigo. Presidenta da asociación de docentes Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia

Profesora lesbiana visible de Cultura Audiovisual en Bacharelato de Artes. Responsable do Programa de Atención á Diversidade Sexual, de Identidade de Xénero e Familiar e Titora LGBTIQA+ no IES Politécnico de Vigo dende 2017, inaugurando estas titorías en Galicia.

 

Cofundadora e coordinadora da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia, primeira asociación de docentes a nivel estatal que traballamos á diversidade sexual, de identidade de xénero e familiar, a coeducación e a educación sexual integral nos centros educativos de Galicia.

 

Formadora de profesorado en diversidade sexual, de identidade de xénero e familiar. Colaboradora na elaboración de guías de recursos educativos e materiais de traballo en diversidade sexoxenérica, tanto para aula como para a formación do profesorado.

 

Diversas publicacións sobre diversidade sexoxenérica e educación en revistas especializadas e diarios dixitais educativos.

 

Presidenta do Grupo de Traballo Educación e Deportes do Observatorio Galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero