CARMEN RUIZ REPULLO
Imagen CARMEN RUIZ REPULLO width: 100%;

Profesora da Área de Socioloxía da Universidade de Jaén. Experta en Coeducación e Violencia de Xénero.

 

Profesora da Área de Socioloxía da Universidade de Jaén. Docente no Master en Estudios de Género y Desarrollo Profesional da Universidad de Sevilla e o Master Universitario de Estudios de Género de la UNED. Membra do Grupo de Investigación HUM 603 “Estudios de la Mujeres” dentro del Instituto de Estudios de las Mujeres da Universidad de Granada.

 

Investigadora e formadora en materia de coeducación e prevención da violencia de xénero e violencia sexual en adolescentes e xoves para distintos organismos públicos: Ministerio de Educación, Consejería de Educación, Instituto Andaluz de la Mujer, entre outros. Ten participado no deseño e implementación do I Plan de Coeducación en Andalucía, o Plan de Coeducación Skolae en Navarra e no II Plan de Coeducación no País Vasco.

 

Nos últimos anos ten participado en varios proxectos de investigación I+D do Ministerio de Economía y Competitividad na Universidad de Granada sobre violencia de xénero e violencia sexual e nun proxecto de cooperación na Universidad Pablo de Olavide de Sevilla, subvencionado pola Axencia Andaluza de Cooperación Internacional (AACID).

 

Ten realizado varias monografías docentes de Educación Secundaria Obrigatoria para a Editorial Anaya, en concreto os textos das asignaturas "Cambios Sociales y Género" para Andalucía e "Igualdade de Xénero" para Galicia.

 

En 2017 recibiu o Premio Meridiana da Xunta de Andalucía na categoría "Iniciativas que promueven la educación en igualdad".