LUCÍA DÍAZ CAGIDE
Imagen LUCÍA DÍAZ CAGIDE

Estudante colaboradora no Curso de Verán

Unha semente máis no eido da igualdade, da Educación e da vida.


Educadora infantil e educadora social. Especializada en educación emocional, igualdade e educación sexual.


Activista e militante en diferentes organizacións e asociacións (sociais, culturais, políticas e feministas). Cofundadora e compañeira na Asociación Azos Feministas de Lalín.


Realiza proxectos e obradoiros socioeducativos con crianzas, adolescencias e persoas adultas e maiores, sempre con perspectiva de xénero e cunha visión integral da Educación, concedéndolle importancia á individualidade para construír o colectivo.


Participou, asesorou e dinamizou diferentes Comisións de Igualdade, en centros de ensino secundario e Formación Profesional.


Colaboradora na Oficina de Igualdade de Lalín.


Autora da Campaña de sensibilización “Racha cos Tabúes” (2023) da Oficina de Igualdade do Concello de Lalín.