INFORMACIÓN E MATRÍCULA

Normas de matrícula

A inscrición no curso de verán implica a aceptación destas normas. Léanse detidamente para a súa correcta formalización.


 

Prazo de matrícula

Ábrese o prazo: tanto on-line coma presencial, o 15 de maio.

Acaba o prazo: o 27 de xuño.

Nota: Non será posible matricularse fóra destes prazos.


 

Importe da matrícula

Taxa xeral: 120 €

Taxa reducida: 70 €*

*Aplicable a: estudantes de calquera universidade, estudantes de bacharelato ou de formación profesional, PDI e PTXAS da USC, persoas pensionistas e desempregadas, persoas asociadas á Asociación de Antigos Alumnos da USC.

As persoas que se acollan á taxa reducida que non sexan estudantes, PDI ou PTXAS da comunidade universitaria da USC deben enviar a cursosdeveran@usc.gal unha copia dalgún documento xustificativo que acredite a súa condición para acollerse á redución.

Nota: Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non ter formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico actual ou ben, sendo alumnado da USC neste curso son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir, a parte do importe da matrícula do curso de verán, o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que ten un custo de 20,69 €. A liquidación do importe do seguro farase no momento de realizar a matrícula, liquidándose xunto a esta e terá validez para todos os cursos de verán que se realicen no ano 2025.

En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso.


 

Formalización da matrícula

Pode formalizar a matrícula por tres vías:

1.- On-line

Directamente na web

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran/novas-fronteiras-igualdade-oportunidades-20-violencias-redes-sociais-consentimento-coeducacion-20a-edicion-14468

Sigan as instrucións en cada paso.

Se o curso ten límite de alumnado, a aplicación indicará se quedan prazas libres e, de non ser así, daralle a opción de entrar nunha lista de agarda. No caso de que se produza algunha baixa, recibirá unha notificación por se aínda desexa inscribirse.

O pagamento poderá realizarse directamente con tarxeta ou ben imprimindo a folla de pagamento e realizar o ingreso na entidade bancaria, tendo 5 días naturais para facer o pago; de non ser así, a inscrición quedará cancelada. En calquera dos casos, haberá que remitir á secretaría da Universidade de Verán (correo electrónico, correo ordinario ou en persoa) o xustificante de ter pagado para confirmar a súa inscrición.

2.- Presencial

Acudindo a algún dos centros de matriculación referidos máis abaixo.

As persoas desempregadas, pensionistas ou estudantes que non sexan da USC deberán acreditar a súa condición para acollerse á taxa reducida.

Na secretaría, unha vez cumprimentados os datos persoais, entregaráselle unha folla para realizar o pagamento na entidade bancaria da que deberán remitir á secretaría da Universidade de Verán (correo electrónico, correo ordinario ou en persoa) o xustificante de ter pagado para confirmar a súa inscrición.

3.- Por teléfono

No caso de imposibilidade de facer a inscrición por internet ou presencialmente, contacten por teléfono con unha das dúas secretarías da Universidade de Verán onde se lle dará instrucións para realizar a matrícula.

 

 

Centros de información e matriculación

Campus de Compostela
Área de Cultura - Colexio de San Xerome Praza do Obradoiro s/n
Teléfonos: 881 81 10 18 e 881 81 11 03 cursosdeveran@usc.gal

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran/novas-fronteiras-igualdade-oportunidades-20-violencias-redes-sociais-consentimento-coeducacion-20a-edicion-14468

Campus de Lugo
Área de Cultura - Edificio Intercentros
Praciña da Universidade
Teléfono:
982 82 15 13
cursosdeveran@usc.gal

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran/novas-fronteiras-igualdade-oportunidades-20-violencias-redes-sociais-consentimento-coeducacion-20a-edicion-14468

 

Concello de Lalín
Oficina de Igualdade - Concellería de Igualdade
Praza de Galicia, 1
36500 Lalín (Pontevedra)
Teléfono
s: 986 78 70 60 e 986 18 10 45
igualdade@lalin.gal
www.lalin.gal/igualdade


 

 

Aloxamentos e Restauración

Neste link atopará aloxamentos e restaurantes en Lalín

 

https://turismo.lalin.gal/onde-durmir

https://turismo.lalin.gal/onde-comer