Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O CONCELLO ENTREGA LOTES DE LIBROS ÁS PERSOAS GAÑADORAS DO SORTEO REALIZADO ENTRE OS USUARIOS CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO
  • Ao longo da xornada do 23 de abril tamén se distribuiron marcapáxinas de agasallo para todas aquelas persoas que se achegaron á Biblioteca

O Concello de Lalín conmemorou este 23 de abril, Día do Libro, coa entrega de lotes de libros ás persoas gañadoras do sorteo realizado onte na Biblioteca Municipal Varela Jácome entre o conxunto de usuarios/as da Biblioteca.

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, fixo entrega dos ditos libros ás persoas gañadoras a quen as animou a proseguir co hábito lector:

  • Ana María Castro Delgado (Xaxán, 61 anos), que recibiu un lote de libros na modalidade de adultos
  • Pablo Santomé Senra (Lalín, 13 anos), 1 lote de libros xuvenís
  • e Lois Doallo Brandido (Lalín, 3 anos), 1 lote de libros infantís.

Así mesmo ao longo do día da xornada de onte tamén se distribuiron marcapáxinas de agasallo para todas aquelas persoas que se achegaron á Biblioteca Municipal “Varela Jácome”.

km0