Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
LALÍN ACOLLEU A GRAVACIÓN DO HIMNO COOPERATIVISTA GALEGO
  • Realizarase un vídeo de gravación para a difusión do himno

Lalín converteuse este domingo, 23 de novembro, no epicentro da música cooperativa galega coa gravación do Himno Cooperativista Galego, unha iniciativa promovida pola Federación Galega de Bandas e a Federación Coral Galega, en colaboración coa Xunta de Galicia e co Concello de Lalín, en cuxas instalacións municipais se desenvolveu.

A sesión de gravación terá lugar na Sala Tuno Valdés do Auditorio Municipal, reunindo a músicos e coralistas de distintos puntos xeográficos nunha xornada especialmente pensada para poñer en valor o movemento cooperativista e a súa identidade cultural, que suporá un punto de encontro entre o movemento coral e as bandas.

O calendario previsto para a xornada é o seguinte:

  • 14:30 h – Chegada da banda
  • 14:45 h – Chegada do coro
  • 15:00 h – Inicio do ensaio da banda
  • 16:00 h – Ensaio conxunto co coro
  • 17:00 h – Gravación de audio
  • 18:00 h – Gravación de vídeo
  • 20:00 h – Hora estimada de remate máximo

Ademais da sesión musical, realizarase un vídeo oficial da gravación destinado á difusión do himno que se estreará o Día Internacional das Cooperativas.

Asistiu á gravación a concelleira de Cultura, Begoña Blanco; o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, a este encontro que reforza o papel do municipio lalinense como referente galego na promoción da música e da creación colectiva.

 

km0