Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN “OS TRABALLOS DE HÉRCULES. COLECCIÓN DE GRAVADOS DOS FONDOS ACADÉMICOS” NO MUSEO MUNICIPAL RAMÓN MARÍA ALLER DE LALÍN

O xoves 4 de decembro ás 20:00 horas terá lugar no Museo Municipal Ramón María Aller (Rúa Ramón María Aller, 9. Lalín) a presentación da exposición “Os traballos de Hércules. Colección de gravados dos fondos académicos”, mostra comisariada por José Ramón Soraluce Blond e organizada pola da Real Academia Galega de Belas Artes co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Lalín, un dos actos programados co gallo do 175 Aniversario da fundación da Academia, efeméride que non se quixo deixar pasar, a fin de rescatar a súa meritoria historia, seguindo a proxección na sociedade galega da súa presenza institucional e a súa actividade cultural.

 

A intención da celebración do 175 aniversario lévanos a trasladar a realidade da Academia a toda Galicia mediante, entre outros actos e actividades, con esta exposición dunha mostra da súa Colección de Gravados, a referida aos Traballos de Hércules. Unha exposición itinerante por Galicia da Colección dunha parte dos gravados orixinais sobre «Os Traballos de Hércules», copiados da serie de pinturas que o artista italiano Luca Giordano realizou para Carlos II no Casón del Buen Retiro de Madrid. Realizados pola Calcografía Nacional en Madrid (cara á 1790). Serie de gravados das Coleccións da Real Academia Galega de Belas Artes, sobre o encargo mitolóxico que se fixo a Hércules de doce aventuras, entre as que se atopa a que se desenvolveu en Galicia, do enfrontamento a matar co rei Xerión, para quitarlle o rabaño de bois que arrebatara aos campesiños da rexión. Hércules derrotou a Xerión na Coruña e sobre os seus restos construíu a Torre de Hércules.

km0