-
A campaña terá continuidade mañá martes, con dúas novas charlas informativas nos locais sociais de: Donramiro, ás 18:00 horas e Cercio, ás 20:00 horas
O Concello de Lalín continúa coa súa campaña de promoción do compostaxe no rural cun ciclo de charlas informativas e reparto de composteiros dirixido ás veciñas e veciños das parroquias. O pasado venres tiveron lugar dúas sesións, unha no Auditorio de Muimenta e outra no Local Social de Goiás, nas que se explicou en detalle o funcionamento do compostaxe doméstico e a correcta xestión da materia orgánica.
As charlas foron impartidas polo técnico de Medio Ambiente, José Manuel Méndez, quen estivo acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Raquel Lorenzo. Durante as sesións expuxéronse as vantaxes ambientais e económicas do compostaxe, os pasos básicos para facer un bo uso do composteiro e resolvéronse dúbidas prácticas das persoas asistentes.
Ao remate de cada charla, o Concello fixo un reparto de composteiros entre os veciños e veciñas interesados, que quedan así incorporados ao programa municipal de compostaxe doméstica.
A concelleira de Medio Ambiente subliñou que “o objetivo destas charlas é achegar a información ao territorio, explicar de maneira sinxela como se utiliza o composteiro e poñerlle as cousas fáciles á veciñanza para que poida reducir a cantidade de lixo que vai ao colector”. Lorenzo agradeceu tamén a boa acollida destas primeiras sesións e animou a seguir participando nas vindeiras convocatorias.
A campaña terá continuidade mañá, con dúas novas charlas informativas nos locais sociais de:
-
Donramiro, ás 18:00 horas
-
Cercio, ás 20:00 horas
Nestes encontros repetiranse os contidos sobre compostaxe e realizarase de novo reparto de composteiros entre as persoas asistentes que así o desexen, consolidando o compromiso do Concello de Lalín cun modelo de xestión de residuos máis sostible, especialmente no ámbito rural.