Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O CLUB DE LECTURA CELEBRA A SÚA REUNIÓN MENSUAL PARA COMENTAR “CALLE DE LAS TIENDAS OSCURAS” DO NOBEL PATRICK MODIANO
  • O vindeiro mes a lectura escollida será “Laura e Julio” de Juan José Millás

Esta tarde de xoves, ás 20 h, no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero, como cada último xoves de mes, desenvolverase unha nova reunión do club de persoas lectoras, que reúne ao redor dunha vintena de lalinenses arredor da literatura como espazo de reflexión compartida.

Nesta ocasión, o libro a comentar é “Calle de las tiendas oscuras” do autor francés Patrick Modiano, galardoado co Premio Nobel de Literatura. Está ambientado nun París de posguerra que se converte en escenario da perda e da busca da identidade. Con estilo contido e melancólico, Modiano conta a historia de Guy Roland, un detective amnésico que emprender a reconstrución do seu pasado no París marcado pola lembranza da Ocupación. A obra gañou grande atención crítica (foi tamén a novela que lle deu a Modiano o Prix Goncourt en 1978) e foise convertendo nun dos títulos de referencia na avaliación da súa poética da memoria.

Os críticos salientan a prosa contida e “transfiguradora” de Modiano un estilo que mestura investigación detectivesca coa evocación nostálxicae que na novela funciona como xerme de misterio como como peza sobre a fraxilidade das pegadas persoais.

 

Patrick Modiano naceu en Boulogne-Billancourt (Francia) en 1945. A súa obra gravita ao redor da memoria, o ser, a culpa e o esquecemento, con frecuencia ambientada nun París da Segunda Guerra Mundial. En 2014 recibiu o Premio Nobel de Literatura por un corpus no que a lembranza histórica se entrelaza coa arqueoloxía da identidade individual.

Ademais, na xuntanza escolleuse a vindeira lectura: “Laura e Julio” de Juan José Millás. Trátase dunha novela curta que constrúe unha fábula sobre identidade, imitación e ruptura íntima: Julio ao separarse da súa muller, instálase en segredo no apartamento dun veciño e acaba usurpando a nivel material e perceptivo esa outra vida, xerando unha metamorfose persoal chea de ironía e desconcerto. As críticas en medios culturais vén dividíndose: para algúns é unha <fábula menor> salientando a súa brevidade e levidade, mentres que outros valoran o emprego do autor do sorprendente e do <surrealismo cotián> como ferramenta para explorar a soidade e a identidade. En resumo, unha novela breve e accesible que recolle moitas das obsesións temáticas de Millás.

km0