Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O CONCELLO DE LALÍN REFORZA A CAMPAÑA DO CONTEDOR MARRÓN CON ACCIÓNS ESPECÍFICAS PARA GRANDES PRODUTORES
  • A segunda parte da campaña chega despois dunha primeira fase de difusión ampla, na que se informou da implantación do quinto colector, e na que no rural permitiu repartir preto de 350 composteiros nas charlas que se fixeron nas áreas parroquiais.

  • A campaña actuará en catro frontes: mega produtores (supermercados, hipermercados, residencias de maiores e colexios con comedor), grandes produtores (restaurantes, casas de comidas, hoteis, pastelerías…) e reforzar a comunicación nos pequenos produtores urbanos (vivendas).

O Concello de Lalín, a través da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Raquel Lorenzo, porá en marcha ao longo do mes de decembro un reforzo da campaña de recollida separativa de materia orgánica no contedor marrón, baixo o lema “Eu son de Marrón”, que se puxo en marcha ao longo do mes de novembro e co obxecto de que a principio do mes de xaneiro, cando se implemente a recollida, unha parte importante da poboación e dos sectores produtivos coñezan o funcionamento deste quinto contedor, tanto a través de composteiros no rural, como a de contedores en grande produtores de restos orgánicos, como nas vivendas

A segunda parte da campaña chega despois dunha primeira fase de difusión ampla, na que se informou da implantación do quinto colector, e na que no rural permitiu repartir preto de 350 composteiros nas charlas do rural a maiores dos que se apuntaron por fontes telemáticas para a reserva dos mesmos. O obxectivo desta nova etapa da difusión da implementación do quinto colector é chegar e concienciar aos grandes produtores, dende supermercados e tendas de alimentación ou comedores escolares, da necesidade de facer a separativa de residuos. Ao tempo reforzarase a presenza na rúa para transmitir esta difusión.

A campaña actuará en catro frontes: mega produtores (supermercados, hipermercados, residencias de maiores e colexios con comedor), grandes produtores (restaurantes, casas de comidas, hoteis, pastelerías…) e reforzar a comunicación nos pequenos produtores urbanos (vivendas).

VISITA A MEGAPRODUCTORES

Entre as principais medidas desta segunda fase destaca a visita do persoal municipal aos grandes xeradores de residuos orgánicos _supermercados, hipermercados, peixerías, empresas de transformación cárnica, carnicerías, comedores escolares, pastelarías, etc- aos que se instará a comezar o proceso de recollida separativa de orgánicos, realizarase unha enquisa sobre a necesidade real de volume de recollida e aos que se lles dotará de contedores marróns exclusivos en función das necesidades e se lles fará un seguimento específico do tratamento separativo. Nos colexios con comedor instalaranse tamén composteiros para uso educativo e que sexan os propios alumnos os que o utilicen e desenvolveranse campañas de sensibilización co alumnado.

Tamén se estenderá a campaña, a través de persoal municipal, a restaurantes e casas de comidas e outro tipo de comercios de alimentación, que aínda tendo un volume menor que os megaprodutores, significan un volume importante de residuos orgánicos. Nestes locais de comidas, habilitaranse colectores para aqueles establecementos que o desexen para recuperar os seus restos orgánicos.

No ámbito doméstico, ao longo do vindeiro mes continuará a difusión da recollida de orgánico ás veciñas e veciños. A concelleira lembra que segue aberta a posibilidade de que soliciten nas instalacións municipais o elementos para a recollida ou tratamento.

MELLORA AMBIENTAL

A Concellería de Medio Ambiente fai un chamamento á participación de toda a cidadanía e dos negocios do municipio. “Separar o orgánico é un xesto sinxelo que ten un impacto directo na redución de residuos e na mellora ambiental de Lalín. O orgánico ten outro destino e precisamos que toda a veciñanza se implique”, subliña a concelleira.

km0