Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
68 NEGOCIOS SOLICITAN A PARTICIPACIÓN COMO PATROCINADORES NO MES DO COCIDO DE LALÍN 2026 E SERÁN 26 OS RESTAURADORES QUE CONFORMEN O ABANO DE ESTABLECEMENTOS OFICIAIS DESTA CELEBRACIÓN
  • Unha resposta masiva, superior ao de anos anteriores, da hostalaría, comercio alimentario e produtores locais que avalan o prestixio da LVIII Feira do Cocido
  • “É unha demostración inequívoca do apoio do noso tecido empresarial á Feira do Cocido”, afirma Begoña Blanco, concelleira de Turismo

A concelleira de Turismo de Lalín, Begoña Blanco, anunciou hoxe que un total de 68 negocios locais presentaron e teñen admitida a súa solicitude para formar parte como patrocinadores do Compromiso de Calidade do Mes do Cocido na LVIII Feira do Cocido de Lalín 2026, segundo recolle a acta oficial da Comisión de Valoración datada o 4 de decembro de 2025. Das 68 empresas admitidas, 26 dos participantes son negocios de restauración que configurarán o cartel de restaurantes oficiais do Mes do Cocido. A responsable municipal destacou que esta elevada participación constitúe “unha demostración inequívoca do apoio do noso tecido empresarial e do compromiso real que hostaleiros, produtores e distribuidores teñen coa excelencia gastronómica e coa identidade propia da nosa feira”.

Blanco, en relación á listaxe de restauradores do Mes do Cocido, insistiu en que o Compromiso de Calidade que asinan ao participar como restaurantes do mes do Cocido ao tempo que actúan como patrocinadores do evento “non é un mero trámite administrativo, senón unha garantía pública para veciñanza e visitantes, que asegura que cada produto, cada servizo e cada establecemento cumpre criterios contrastados de trazabilidade, frescura, profesionalización e respecto pola tradición culinaria vinculada ao Cocido de Lalín”.

27 RESTAURANTES NO MES DO COCIDO

Ao fronte deste Compromiso de Calidade do Mes do Cocido 2026 figuran nesta edición 26 restauradores _dous máis que o ano anterior_ como Casa Pablo, Parrillada La Robleda, Casa do Patrón, Las Palmeras, Norat Torre do Deza, María José, Taboada, A Estación, Mesón O Cruce, Suso, O Polo, KM 0, Cabanas, La Molinera, San Martín I, Airiños, Casa Sanmartín, Villanueva, Kalinga Lagazós, Pontiñas, Onde Antonio Mouriscade, Cokuus, Os Arcos, Sazón y Son, Asador Arcón ou Gastrodeza que converterán os seus fogóns no fogar de preparación do Cocido de Lalín.

Blanco destacou que mecanismos deste tipo como o Compromiso de Calidade do Mes do Cocido, están presentes en feiras gastronómicas europeas de primeiro nivel, funcionan como selos públicos que verifican a calidade das materias primas, a transparencia da información ao consumidor, o uso de produtos identitarios da zona, a adaptación á tradición culinaria e a correcta manipulación alimentaria. “O Compromiso de Calidade reforza o noso prestixio e asegura que a experiencia do visitante non dependa do azar, senón dunha estrutura profesionalizada que garante que Lalín segue sendo referencia gastronómica en Galicia e no conxunto do Estado”, afirmou. Ademais, incidiu en que o máis relevante “é que este modelo nace desde abaixo: son os hostaleiros os que piden ser parte do selo e non ao contrario. É unha alianza auténtica entre institucións e tecido económico”.

PATROCINADORES DO MES DO COCIDO

A Comisión de Valoración revisou e validou tamén outras solicitudes de negocios que participarán como patrocinadores do Mes do Cocido e ao tempo se adhiren ao Compromiso de Calidade aparellado á Feira. Representan a práctica totalidade da cadea alimentaria local: lácteos, queixos con DOP, cárnicas, embutidos, panadarías tradicionais con forno de leña, pastelarías, distribución de viño e alimentación, froiterías, mel e comercio especializado. Blanco salientou que a cifra total de 68 empresas reflectida na acta municipal, que significa 4 negocios máis que o ano anterior, mostra unha “participación transversal e extraordinariamente sólida, que reforza o sinal distintivo da Feira do Cocido como un evento que xera confianza, dinamiza a economía local e consolida un ecosistema gastronómico baseado na autenticidade e nun nivel de calidade verificable”.

Dentro dos participantes no Compromiso de Calidade do Cocido como colaboradores figuran desde produtores lácteos como Elaboración de Queixos, Kalekoi SL, Lácteos Anzuxao ou Cobideza Sociedade Cooperativa, ata carnicerías e empresas cárnicas como Cárnicas Anzo, Carnicería Besteiro, Hiper Carne, Cárnicas Pereiro’s, A Tenda de Roque, Carnicería A Principal ou Embutidos Lalinense SL, ademais dun amplo número de panadarías e fornos artesáns —entre eles Panadería Balado, O Pan de Vane, Panadería Galipán Plaza, Panadería Lage, Panadería Fernando, Panadería Matelo, Forno Nercellas ou Manadería da Morena— e pastelarías como Confitería París, Dulces Encantados, Doce Arte ou La Artesana. Xunto a estes destacan tamén Frutería Maragota, Frutería Lalín Frut, Floristería Charo, Café Bar Currás, Café Bar Alfonselle, Naval do Espiño ou Cafetería O Asubio. O sector da distribución tamén está amplamente representado a través de empresas como Disanfa SL, Distribucións Javier Vázquez, Exclusivas Campos, Deza Distribucións, Disferga Lalín, Viños Manuel Gil ou Almacenes Loño, mentres que o mundo do mel incorpora produtores como Mel de Liñares, Mel O Cortizo e Mel do Saldoiro.

km0