PROGRAMA

Programa

O curso desenvolverase integramente entre os días 8 e 11 de xullo de 2025 no Edificio Sociocultural na Rúa Manuel Rivero en horario de mañá e tarde.

Trátase dun curso imprescindible, e cunha programación ambiciosa, na que se abordarán aspectos, contidos e problemáticas de gran interese no momento actual, e no que intervirán profesionais e destacadas expertas e expertos que traballan cara a igualdade de oportunidades, cun enfoque multidisciplinar e dende diferentes ámbitos de actuación no territorio nacional e internacional, Universidades, Institutos, Administracións, Asociacións, Fundacións, Empresas...

Isto é posible grazas a colaboración institucional e privada, xa que o curso coorganizado pola Universidade de Santiago, a través do Instituto de Ciencias de Educación (ICE) e polo Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade, está co-financiado pola USC e polo Concello de Lalín.

Conta ademais co apoio do MINISTERIO DE IGUALDADE, PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO; XUNTA DE GALICIA Consellería de Política Social e Igualdade; FEGAMP; DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA; CSIF; EXDEHU; CIM e DIM.

 

 

Martes 8 de xullo

VIOLENCIAS

 

9:00 h. Entrega de materiais

9:30 h. Inauguración oficial do curso

10:00 h. Conferencia inaugural

A VIOLENCIA E OS HOMES DE VERDADE

MIGUEL LORENTE ACOSTA

Médico, Forense e Profesor na Universidade de Granada. Asesor da Organización Mundial da Saúde na Área de Violencia de Xénero

11:15 h. Rolda de preguntas - Debate

11:45 h. Pausa

12:15 h. Conferencia

A EXPROPIACIÓN PATRIARCAL DOS CORPOS DAS MULLERES

SILVIA PÉREZ FREIRE

Docente e Investigadora na Uvigo especializada en Violencia de Xénero

13:30 h. Rolda de preguntas - Debate

14:00 h. Descanso

16:00 h. Conferencia

FEMINISMO ANTIESPECISTA: ÉTICA ANIMAL DENDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO

CATIA FARIA

Doutora en Filosofía Moral e Profesora na Universidade Complutense de Madrid

17:15 h. Rolda de preguntas - Debate

17:45 h. Pausa

18:15 h. Conferencia

20 ANOS DE TRABALLO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

PAZ FILGUEIRA PAZ

Maxistrada titular do Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago de Compostela con funcións de Violencia compartida

19:30 h. Rolda de preguntas - Debate

20:00 h. Fin xornada


 

Mércores 9 de xullo

REDES SOCIAIS

 

10:00 h. Conferencia

MASCULINIDADES, DIVERSIDADE E REDES SOCIAIS

IVÁN GÓMEZ BELTRÁN (Iván Gombel)

Historiador e Doutor en Xénero e Diversidade

11:15 h. Rolda de preguntas - Debate

11:45 h. Pausa

12:15 h. Conferencia

ALEGATO CONTRA A PROSTITUCIÓN

BEATRIZ GIMENO

Escritora e Investigadora Feminista

13:30 h. Rolda de preguntas - Debate

14:00 h. Descanso

16:00 h. Conferencia

PANTALLAS E SOMBRAS: A VIOLENCIA DIXITAL E A PORNOGRAFÍA NA ERA DA XERACIÓN Z

PATRICIA ALONSO RUIDO

Docente e investigadora na Facultade de Ciencias da Educación da USC, vinculada ao Grupo de Investigación ESCULCA

17:15 h. Rolda de preguntas - Debate

17:45 h. Pausa

18:15 h. Conferencia

AS MULLERES QUE NON OBEDECEN: MULLERES AGRESIVAS E VIOLENTAS

IRANTZU VARELA

Licenciada en Periodismo. Experta en Comunicación, Perspectiva Feminista e Violencia de Xénero

19:30 h. Rolda de preguntas - Debate

20:00 h. Fin xornada

 

Xoves 10 de xullo

CONSENTIMENTO

 

10:00 h. Conferencia

A FICCIÓN DO CONSENTIMENTO SEXUAL

ROSA COBO BEDIA

Profesora de Socioloxía da Universidade da Coruña. Presidenta da Rede Académica Internacional de Estudos sobre Prostitución e Pornografía

11:15 h. Rolda de preguntas - Debate

11:45 h. Pausa

12:15 h. Conferencia

MACHOS ALFA-BETIZADOS NO CONSENTIMENTO

OCTAVIO SALAZAR

Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Córdoba e membro da Rede Feminista de Dereito Constitucional

13:30 h. Rolda de preguntas - Debate

14:00 h. Descanso

16:00 h. Conferencia

DISCURSOS CONTRARIOS Á EDUCACIÓN SEXUAL NOS CENTROS EDUCATIVOS

SORAYA CALVO GONZÁLEZ

Profesora en Ciencias da Educación da Universidade de Oviedo. Experta en Intervención e Investigación Socioeducativa

17:15 h. Rolda de preguntas - Debate

17:45 h. Pausa

18:15 h. Conferencia

COEDUCAR PARA TRANSFORMAR: COMPETENCIAS DOCENTES FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Mª ÁNGELES REBOLLO CATALÁN

Catedrática en Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da Universidade de Sevilla. Experta en Coeducación e prevención da Violencia de Xénero

19:30 h. Rolda de preguntas - Debate

20:00 h. Fin xornada

 

Venres 11 de xullo

COEDUCACIÓN

 

10:00 h. Conferencia Performance musical

COEDUQUEMOS PARA NEUTRALIZAR AS VIOLENCIAS

CARMEN RUIZ REPULLO

Profesora de Socioloxía da Universidade de Granada. Experta en Coeducación e Violencia de Xénero

11:15 h. Rolda de preguntas - Debate

11:45 h. Pausa

12:15 h. Performance musical

EMOCIÓNS FRONTE ÁS VIOLENCIAS

CASPERVEK

 

13:30 h. Rolda de preguntas - Debate

14:00 h. Acto de clausura