Rosquillas de Aurita

Estes postres son famosos na localidade para servirse despois do tan afamado Cocido de Lalín. Son elaboradas por Aurita, unha das fundadoras do restaurante Cabanas. Comezou a facelas pola súa conta para servir despois do cocido do seu restaurante e gustaron tanto entre os comensais que acabou por vendelas soltas. Colaborou cun artista lalinense para a elaboración das etiquetas para dita venta. As rosquillas están á venta no propio Cabanas, pero tamén estiveron no centro comercial El Corte Inglés e en outras tendas de postres de Pontevedra, Vigo, Madrid e Ourense. 

Están feitas a man e o proceso leva tres días. Para facelas, emprega ingredientes naturais, como azúcar, fariña, ovos mantequilla, anís e zumo de laranxa. Unha vez feitas, teñen que enfriar antes de bañalas en azucre. Este proceso de secar as rosquillas pode levar dous ou tres días para que non haxa problemas a hora de entregalas. Duran ata dous meses. 

Especialidades
Rosquillas artesás
Enderezo
Rúa Pintor Laxeiro, 3 - 36500 Lalín
Teléfono
986 782 317
Coordenadas
42.6599722, -008.1122222
Imagen Rosquillas de Aurita