Esta pensión dunha estrela tamén é coñecida na localidade por ser restaurante. Ofrecen comida tradicional de alta calidade nun ambiente familiar. Contan cunha ampla variedade de menús en función da temporada, con especial predilección polos productos da nosa terra. Teñen un menú diario de luns a venres. As súas especialidades son o cocido, carne asada e merluza á cazuela. Fan encargos para reunións, comunións e demais eventos. Contan cunhas medidas de accesibilidade tanto para o restaurante como en algunhas das habitacións.
Na pensión hai dous tipos de habitacións: cama individual e cama dobre. Hai 10 habitacións individuais e 6 habitacións dobres. Ambas habitacións poden reservarse con opción a media pensión ou pensión completa. Dispoñen de baño privado, wifi gratuita, televisión, calefacción e comidas na zona restaurante.
- Servizos
- Restaurante
- Prazas
- 22
- Observacións
Camiño de Santiago (Camiño de Inverno)
- Enderezo
- Rúa do Areal, 8 - 36500 Lalín
- Teléfono
- (+34) 986 780 222
- Correo electrónico
- info@pensionlaspalmeras.com
- Sitio web
- Social
- Pensión Las Palmeras - Lalín
- Coordenadas
- 42.663411899502485, -8.110654017957101