En 1975 este restaurante abreu as súas portas como taberna con tapas tradicionais galegas. Tempo despois usaríase como taller de construcción e sería recoñecida pola elaboración das lexías San Martín. Actualmente, grazas a axuda das mulleres sabias que mantiveron a tradición da comida tradicional neste establecemento, podemos desfrutar dun lugar acolledor e familiar onde desfrutar dunhas moi boas comidas.
As súas especialides son: cocido de lalín, galo de corral (gañaron un premio por este prato no ano 2018), xarrete tradicional e callos.
Dispoñen dunha gran variedade de menús para todos os gustos: menú do dia (só os luns, mércores, xoves e venres), menú galo de corral e menú de cocido. Logo hai tres variedades de menús: Menú 1 con pratos maís tradicionais coma callos ou xarrete, menú 2 con opcións de pulpo e o menú 3 para os amantes do marisco.
Teñen 3 menús moi completos para eventos: menú laxeiro, menú paco lareo, menú picasso e menú elena gago. Todos eles teñen en común 4 aperitivos iniciais, 3 ou 4 pratos principais e 2 postres, maís dúas opcións de viños da bodega.
Fóra dos menús tamén se poden pedir pratos únicos como o rodaballo ou as zamburiñas entre outros.
Por último destacan as súas potas festeiras que tamén se poden servir en racións e dispoñen dunha gran variedade delas que incluén todo tipo de carnes, pescados e mariscos.
- Servizos
- Restaurante
- Especialidades
- Cocido, churrasco, pulpo, xabarín, capón, callos (os domingos)
- O menú de hoxe
- Xantar de luns a venres
- Prazas
- 150
- Pechado
- Luns noite e martes
- Observacións
Banquetes
- Enderezo
- Corpiño, 10 - 36512 Losón (Lalín)
- Teléfono
- 986 682 392 / 686 544 391
- Correo electrónico
- sanmartincorpino@gmail.com
- Sitio web
- Social
- Casa San Martin Corpiñocorpinosanmartin
- Coordenadas
- 42.745039740842216, -8.20991323432808