Mesón O Cruce

Este restaurante está situado en Vilatuxe. Ofrece gran variedade de pratos de primeira calidade. As súas especialidades son: pescados coma a lamprea (prato por tempada que se ten que pedir para mínimo 4 persoas), mariscos coma o lubrigante con arroz, carnes coma o capón, cordeiro e kiko (por encargo e mínimo para 4 persoas). 

Tamén destacan outros pratos coma nos entrantes de todo tipo que van dende vieiras ata salmón afumado, entre outros moitos máis.

Nas súas carnes son moi destacados porque teñen carnicería propia e os seus pratos cárnicos van dende a croca de tenreira ata diferentes carnes de vaca, boi e cerdo ibérico.

Nos seus pescados destacan pratos que van dende o rape preparado de tres maneiras diferentes ( á romana, á plancha, á galega e a brocheta de rape) ata o rodaballo e a merluza. 

Todos estes pratos pódense acompañar cunha gran variedade de viños de marcas moi recoñecidas. Algunhas delas son: D.O Ribeira do Duero, D.O Rioja, D.O Ribeiro, D.O Monterrei e máis. 

Por último, os postres tamén son moi variados. Van dende o tiramisú ata tartas caseiras como son a de chocolate, piña e frutos vermellos. 

Servizos
Restaurante.
Especialidades
Carnes á brasa, pescados, mariscos, cocido
O menú de hoxe
Xantar de martes a venres
Prazas
150
Pechado
Luns
Observacións

Cocido con reserva

Enderezo
Estrada Vilatuxe, 10 - 36519 Vilatuxe (Lalín)
Teléfono
(+34) 986 782 428 / 626 860 354
Correo electrónico
info@mesonocruce.es
Sitio web
Social
Mesón O Cruce
meson.o.cruce
Coordenadas
42.616553, -8.190160
Imagen Mesón O Cruce