Esta parrillada é unha das máis queridas e desfrutadas da zona pola súa gran comida e atención tan cercana do persoal. A súa especialidade son as carnes. Especialmente a croca, churrasco de tenreira e raxo. De pescado e marisco, os pratos que máis destacan son os chipiróns, bacalao, zamburiñas e merluza. Outros pratos que tamén son destacados son os callos e as súas croquetas variadas. Dentro da súa gran variedade de postres destacan algúns coma por exemplo: tarta airiños, tarta da ávoa, tarta de queixo sen forno e con forno, coulant de chcolate con xeado e moito máis. Todos estes pratos poderán vir acompañados da mellor selección de viño. Hai unha gran selección deles das marcas máis recoñecidas: ribeiro blanco e tinto, godello, albarño, mencía ,etc...
Dispón de menú do día SÓ de luns a venres. Este inclúe primeiro e segundo prato, acompañado de pan e bebida, xunto co postre e o café. Teñen terraza. Conta cun parque infantil para que os máis pequeños poidan desfrutar.
- Servizos
- Terraza e restaurante
- Especialidades
- Churrasco de tenreira
- O menú de hoxe
- Xantar de martes a venres
- Prazas
- 174
- Pechado
- Xoves
- Observacións
Banquetes, parque infantil
- Enderezo
- Golmar, 38 - 36512 Noceda (Lalín)
- Teléfono
- 986 794 262 / 609 135 982 / 690 626 935
- Correo electrónico
- airinos54@hotmail.com
- Sitio web
- Social
- Airinos Parrilladaairinosparrillada
- Coordenadas
- 42.70645487873926, -8.18844188111917