INFORMACIÓN E MATRÍCULA

Normas de matrícula

A inscrición no curso de verán implica a aceptación destas normas. Léanse detidamente para a súa correcta formalización.

 

 

Prazo de matrícula

Ábrese o prazo: tanto on-line coma presencial, o 9 de maio de 2023

Acaba o prazo: o 30 de xuño de 2023

Nota: Non será posible matricularse fóra destes prazos.

 

Importe da matrícula

 

Taxa xeral: 120 €

 

 

Taxa reducida, (70€) aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

 

 

A parte, todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non estean cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non teren formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2021-22 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2021/22 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custe de 17,50 €.

 

 

UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO.

 

Formalización da matrícula

Pode formalizar a matrícula por tres vías:

 

1.- On-line

 

 

Directamente na webhttps://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran/xviii-novas-fronteiras-igualdade-oportunidades-20-violencias-machosfera-consentimento-coeducacion-13279, premendo sobre o botón MATRICÚLATE do curso de LALÍN. Sigan as instrucións en cada paso.

Se o curso ten límite de alumnado, a aplicación indicará se quedan prazas libres e, de non ser así, daralle a opción de entrar nunha lista de agarda. No caso de que se produza algunha baixa, recibirá unha notificación por se aínda desexa inscribirse.

O pagamento poderá realizarse directamente con tarxeta ou ben imprimindo a folla de pagamento e realizar o ingreso na entidade bancaria, tendo 5 días naturais para facer o pago; de non ser así, a inscrición quedará cancelada. En calquera dos casos, haberá que remitir á secretaría da Universidade de Verán (correo electrónico, correo ordinario ou en persoa) o xustificante de ter pagado para confirmar a súa inscrición. Así mesmo, as persoas desempregadas, pensionistas ou estudantes que non sexan da USC deberán acompañar copia do xustificante que acredite a súa condición para acollerse á taxa reducida.

 

2.- Presencial

 

Acudindo a algún dos centros de matriculación referidos máis abaixo.

As persoas desempregadas, pensionistas ou estudantes que non sexan da USC deberán acreditar a súa condición para acollerse á taxa reducida.

Na secretaría, unha vez cumprimentados os datos persoais, entregaráselle unha folla para realizar o pagamento na entidade bancaria da que deberán remitir á secretaría da Universidade de Verán (correo electrónico, correo ordinario ou en persoa) o xustificante de ter pagado para confirmar a súa inscrición.

 

3.- Por teléfono

 

No caso de imposibilidade de facer a inscrición por internet ou presencialmente, contacten por teléfono con unha das dúas secretarías da Universidade de Verán onde se lle dará instrucións para realizar a matrícula.

 

 

Centros de información e matriculación

Campus de Compostela
Área de Cultura - Colexio de San Xerome - Reitoría Praza do Obradoiro s/n
Teléfonos: 881 81 10 18  e  881 81 11 03

cursosdeveran@usc.es

www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran/xviii-novas-fronteiras-igualdade-oportunidades-20-violencias-machosfera-consentimento-coeducacion-13279

 

Campus de Lugo
Área de Cultura - Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade
Teléfono: 982 82 15 13
cursosdeveran@usc.es

www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran/xviii-novas-fronteiras-igualdade-oportunidades-20-violencias-machosfera-consentimento-coeducacion-13279

 


Concello de Lalín
Oficina de Igualdade - Concellería de Igualdade
Praza de Galicia, 1
36500 Lalín (Pontevedra)
Teléfonos: 986 78 70 60  e  986 18 10 45
axentedeigualdade@lalin.gal
https://www.lalin.gal/igualdade

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran/xviii-novas-fronteiras-igualdade-oportunidades-20-violencias-machosfera-consentimento-coeducacion-13279

 

Aloxamentos e Restauración

Neste link atopará aloxamentos e restaurantes en Lalín

 

https://turismo.lalin.gal/onde-durmir

https://turismo.lalin.gal/onde-comer