Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 10º Máx 12º Mín 5º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null UN TOTAL DE 88 MENORES DE 58 UNIDADES FAMILIARES SE BENEFICIARON DA CAMPAÑA SOLIDARIA “NINGÚN NENO/A SEN XOGUETE”
UN TOTAL DE 88 MENORES DE 58 UNIDADES FAMILIARES SE BENEFICIARON DA CAMPAÑA SOLIDARIA “NINGÚN NENO/A SEN XOGUETE”
24 decembro 2024
  • Carmen Canda, concelleira de Política Social, agradece a todas as persoas e entidades que fixeron posible a campaña así como o voluntariado do Desván que dedican moitas horas á preparación dos xogos e xoguetes para a súa entrega

  • Todos os menores incluídos na iniciativa recibiron un agasallo a estrear e todas as familias beneficiarias tiveron a oportunidade de escoller un xoguete novo a estrear, un agasallo usado en perfecto estado, un peluche e un libro de lectura

Este ano beneficiáronse da Campaña “Ningún neno/a sen xoguete” un total de 88 menores de 58 unidades familiares con idades comprendidas entre os 0 a 12 anos. Así o indica a concelleira de Política Social, Carmen Canda Larroy, que fai fincapé en que “o 100% dos/as menores incluídos na campaña deste ano recibiron un agasallo a estrear e que todas as familias tiveron a oportunidade de escoller un xoguete novo a estrear, un agasallo usado en perfecto estado, un peluche e un libro de lectura adaptado á idade e ás características persoais de cada menor”.

Canda Larroy “agradece a todas as persoas que de modo individual ou a través das entidades fixeron posible a campaña, así como o labor do voluntariado do Desván e en especial a un dos voluntarios que durante todo o ano, e de xeito intensivo durante os meses de novembro e decembro, dedica moitas horas á preparación e comprobación dos xogos e xoguetes para a súa entrega”.

Reforzar o tecido social solidario integrando a institucións, asociacións e empresas

Esta iniciativa pretende fomentar a solidariedade atendendo á ilusión dos/das máis novos/as, procurando que todos os nenos procedentes de familias en situación de desvantaxe social reciban un agasallo no Nadal; fomentar e promover accións solidarias entre a veciñanza lalinense e sensibilizala da importancia deste tipo de actuacións, ao tempo que reforzar o tecido social solidario do noso municipio do que formen parte non só persoas a nivel individual senón tamén institucións, asociacións e empresas da nosa contorna, explica.

A selección das unidades familiares beneficiarias da campaña fíxose tendo en conta factores socioeconómicos dentro dos distintos programas de recursos e inclusión da Concellería de Política Social, incidindo especialmente na necesidade de non xerar condutas consumistas nas familias.

Canda remarca “a resposta positiva, un ano máis, das entidades e asociacións que quixeron sumarse a esta campaña e que grazas á súa constancia e solidariedade comunitaria logran manter viva un ano máis esta iniciativa, ademais dunha ducia de entregas que persoas particulares e anónimas achegaron ata as dependencias municipais do Desván ou que fixeron donativos económicos depositados no comercio local”.

As entidades colaboradoras que tomaron parte nesta campaña de solidariedade foron:

  • Centros de ensino:

    • IES Laxeiro: entregaron unha doazón de xoguetes e xogos a estrear e usados en perfecto estado de uso.

    • IES Ramón Mª Aller Ulloa: entregaron unha doazón de xoguetes e xogos a estrear e usados en perfecto estado de uso.

  • Residencias:

    • Residencia DOMUSVI de Lalín sumouse novamente á campaña colocando no seu centro un punto de recollida de agasallos, onde recopilaron xogos e xoguetes en bo estado de uso.

  • Asociacións:

    • Recycling Bicis Solidarias: colaboraron coa doazón de bicicletas e xogos.

    • Grupo “AMIGOS DE LALÍN”: Colaboraron cunha doazón pecuniaria como agradecemento pola cesión dun local no que se reúnen periodicamente, que depositaron na tenda “JUGUETTOS”, que tamén colabora na campaña aplicando os seus correspondentes descontos.

    • Escola de Xadrez: colaboraron cunha achega pecuniaria depositada nas librerías Dalvi e Álvarez.

    • As Asociacións de veciños/as e mulleres de A Xesta e San Cristovo de Camposancos: colocaron sendos puntos de recollida de xoguetes reunindo máis de medio centenar de agasallos.

  • Empresas:

    • Haley e GADISA: participaron colocando no seu centro un punto de recollida de agasallos, onde recopilaron xogos e xoguetes en bo estado de uso.

    • Librería Dalvi: sumáronse a esta campaña coa achega de xoguetes educativos e material escolar.

    • Librería Álvarez: sumáronse a esta campaña coa achega de material escolar.

  • DOAZÓNS ANÓNIMAS PERSOAIS E PARTICULARES de xogos e xoguetes recibidas no Desván así como unha doazón anónima nunha das librerías participantes.

Imagen UN TOTAL DE 88 MENORES DE 58 UNIDADES FAMILIARES SE BENEFICIARON DA CAMPAÑA SOLIDARIA “NINGÚN NENO/A SEN XOGUETE”
Galería imaxes
  • Imagen: Captura de pantalla 2024-12-20 190813

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie