Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE LALÍN ASESOROU A PRETO DE 1.200 PERSOAS EN 2024, PRETO DUN CENTO CADA MES
O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE LALÍN ASESOROU A PRETO DE 1.200 PERSOAS EN 2024, PRETO DUN CENTO CADA MES
05 xaneiro 2025
  • A concelleira de Emprego sinala que “se trata dun servizo clave para a inserción laboral e o crecemento profesional, facilitando a mellora da empregabilidade das persoas demandantes”

  • A responsable municipal indica que “a iniciativa de crear unha páxina de Facebook por parte do Servizo de Orientación Laboral coa autorización da Consellería de Emprego, resulta ser un paso importante na modernización e difusión das ofertas de emprego e recursos relacionados”

  • O servizo proporciona información actualizada sobre o mercado laboral e a maiores comezou a empregar a ferramenta Emi de Emprego Intelixente cuxa vantaxe radica na súa capacidade para integrar a información histórica sobre formación e experiencia laboral, facilitando así a conexión entre persoas demandantes de emprego e empresas

Ao longo de 2024 o servizo de orientación laboral que ofrece o Concello de Lalín atendeu en 2024 un total de 1.178 demandantes de emprego que foron citadas ou redireccionadas por parte da oficina lalinense do Servizo Público de Emprego de Galicia. Do total, 913 asistiron á cita de atención presencial (o 77,5%) e 265 non acudiron por estar traballando ou por non darse localizado (o 22,5%). Así o sinala a concelleira de Emprego, Beatriz Canda Rodríguez, que indica que “este servizo desempeña un papel crucial na mellora da empregabilidade e calidade da vida da súa comunidade”. Cada mes atendéronse preto dun cento de usuarios, concretamente, 98. Decembro, abril e setembro foron os meses con maior número de persoas demandantes citadas ou redireccionadas, sinala.

Evolución por meses do servizo de orientación laboral en 2024

Mes

Demandantes citados/redireccionados

Asistiron

Non acudiron

Xaneiro

108

88

20

Febreiro

80

57

23

Marzo

91

66

25

Abril

127

111

16

Maio

119

98

21

Xuño

101

77

24

Xullo

82

64

18

Agosto

Período vacacional

Setembro

102

56

46

Outubro

127

 

101

26

 

Novembro

108

90

18

Decembro

133

105

28

Total

1.178

913

265

A responsable municipal indica que “a iniciativa de crear unha páxina de Facebook por parte do Servizo de Orientación Laboral coa autorización da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, resulta ser un paso importante na modernización e difusión das ofertas de emprego e recursos relacionados”. “A través desta plataforma publícanse ofertas de emprego, información sobre axudas e recursos para a orientación laboral na busca de traballo, o que facilita a conexión directa e áxil entre as persoas demandantes e as oportunidades laborais”, remarca.

Boletín con ofertas de emprego

“Unha das principais ferramentas que se ofrece a través da páxina é o boletín semanal das ofertas de emprego da Comarca que ao longo de 2024 publicou 62 boletíns cun total de 1.100 ofertas de traballo”, afirma. “Este boletín non só inclúe oportunidades laborais locais, senón tamén ofertas doutras entidades, achegando así unha ampla gama de posibilidades de usuarios”, subliña. “A páxina tamén permite o acceso á orientación personalizada, atendendo ás demandas individuais de calquera usuario que recorra o servizo”, remarca.

Mellorar perspectivas de orientación laboral

O servizo de orientación laboral que ofrece o Concello de Lalín representa unha proposta fundamental para mellorar as perspectivas de inserción laboral na comarca, creando un impacto positivo tanto nas persoas como na economía local. A través de apoio personalizado e diversas ferramentas de formación, este servizo permite aos demandantes de emprego explorar as súas fortalezas, mellorar a súa empregabilidade e dar pasos decididos cara ao mercado laboral.

Unha das grandes vantaxes deste servizo é a “avaliación de competencias”, que permite aos usuarios recoñecer as súas habilidades e entender mellor que tipos de postos e sectores son máis adecuados para o seu perfil. A “asesoría na elaboración de currículos e preparación para entrevistas” é outra das principais características, permitindo aos demandantes destacar perante aos empregadores, mostrando de forma clara as súas capacidades e aptitudes. Con este tipo de formación práctica, a confianza e a presentación son melloradas, elementos fundamentais na procura de traballo.

Programas de orientación personalizados

Ademais, o servizo proporciona “información actualizada sobre o mercado laboral”, o que permite aos usuarios coñecer as tendencias locais e as oportunidades de emprego que xorden na súa contorna, unha ferramenta clave para tomar decisión informadas sobre a súa carreira profesional. Esta información, unida a “programas de orientación personalizada”, fai que cada persoa poida recibir o apoio necesario de acordo cos seus intereses e situación particulares, aumentando as posibilidades de éxito na inserción laboral.

A colaboración coa rede empresarial tamén xoga un papel esencial, creándose vínculos que facilitan o acceso a ofertas de emprego e melloran a visibilidade dos demandantes ante as empresas. Este enfoque directo con compañías locais é esencial para facer realidade a incorporación ao mercado de traballo e tamén favorece o desenvolvemento económico e a competitividade da comarca.

A maiores, este servizo comezou a empregar a ferramenta EMi, Emprego Intelixente, que é unha ferramenta tecnolóxica innovadora implantada nas oficinas de emprego de Galicia, que busca mellorar a calidade do servizo prestado por Emprego Galicia. Este sistema avanzado combina datos, coñecemento e analítica para ofrecer un enfoque baseado nas “competencias e habilidades”, tanto ofertadas como demandadas no mercado laboral, facilitando así a conexión entre persoas demandantes de emprego e empresas.

A principal vantaxe da ferramenta EMi radica na súa capacidade para integrar a información histórica sobre formación e experiencia laboral, coa finalidade de proporcionar unha análise máis precisa e adaptada ás necesidades do mercado.

A misión de EMi é ofrecer máis información e de maior calidade aos distintos axentes que interveñen no mercado de traballo (equipo de orientación, demandantes de emprego, empresas…). En ningún momento substitúe á existente nin elimina o proceso de decisión destes axentes en relación coa mesma.

Colaboración con outros departamentos

A colaboración co departamento de Servizos Sociais e co Centro de Información á Muller (CIM) do Concello tamén é fundamental, xa que fortalece o apoio a colectivos con necesidades específicas e a mellora a coordinación entre as distintas entidades sociais e laborais, sinala.

Neste sentido Canda avanza que “en 2024 atendemos a 230 persoas, proporcionando asesoramento personalizado a recursos prácticos para mellorar a súa empregabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral”. “Este servizo resulta esencial para axudar aos usuarios a encontrar oportunidades laborais que se axusten ás súas necesidades e capacidades, contribuíndo así ao benestar e desenvolvemento económico da comarca”, afirma.

“En definitiva, a presenza en redes sociais e o traballo de asesoramento directo son fundamentais para facer fronte aos retos do mercado laboral actual, asegurando que a información chegue de maneira áxil e efectiva ás persoas que buscan mellorar a súa situación laboral”, precisa.

Imagen O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE LALÍN ASESOROU A PRETO DE 1.200 PERSOAS EN 2024, PRETO DUN CENTO CADA MES
Galería imaxes
  • Imagen: 50cf1fea-1f95-4bbf-9aeb-e026f1edbb8a

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie