Este concurso, promovido polo Concello e apoiado pola Xunta a través da Dirección Xeral de Comercio coa colaboración co Centro Comercial Aberto de Lalín, contou coa participación de 31 comercios e complementouse coa posta en valor de catro escaparates baleiros nos que se recrearon diferentes escenografías e estampas navideñas
Onte entregáronse os premios do primeiro concurso de escaparates de Aldeas de Nadal que o Concello de Lalín desenvolve en colaboración do Centro Comercial Aberto de Lalín e co apoio da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo. As propostas gañadoras deste certame, que se desenvolveu entre o 13 de decembro e 5 de xaneiro, foron a da tenda María Pájaro coa historia O quebranoces e o Rei dos ratos e a de Fotografía Bernabé co conto de Pinocho, que acadaron o primeiro e o segundo premio respectivamente ao tratarse dos escaparates máis votados polos veciños e visitantes.
A tenda gañadora do primeiro premio recibe 500 euros e ademais Aldeas de Nadal faralle o escaparate do ano que vén e o segundo premio está dotado con 500 euros. Ademais, as propostas Teleseita, Clochett e El vestidor de Chloé recibiron mencións por ser as que sumaron máis puntos tras as gañadoras.
Esta innovadora iniciativa desenvolvida nas datas de Nadal tivo gran éxito. Nesta súa primeira edición participaron 31 comercios de Lalín e que se complementou coa posta en valor de catro escaparates baleiros nos que se recrearon diferentes escenografías e estampas navideñas.
No acto participaron todos os representantes dos comercios recoñecidos xunto e a tenente alcalde, Paz Pérez; as concelleiras de Aldeas de Nadal, Karen Fernández e de Comercio, Beatriz Canda; o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; a secretaria técnica da Asociación de Empresarios do Deza, Chus García e o director artístico das Aldeas de Nadal, Luchi Iglesias.