Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null ÁNGEL CARRACEDO ABRIRÁ O II CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE SAÚDE CUNHA CHARLA DIVULGATIVA SOBRE “ENFERMIDADES, XENES E AMBIENTE”
ÁNGEL CARRACEDO ABRIRÁ O II CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE SAÚDE CUNHA CHARLA DIVULGATIVA SOBRE “ENFERMIDADES, XENES E AMBIENTE”
13 xaneiro 2025

De entrada libre, esta charla divulgativa desenvolverase ás 19 horas do venres 17 de xaneiro no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero

 

  • Este programa de conferencias é promovido por segundo ano polo goberno a través da Concellería de Sanidade e tivo na súa primeira edición unha excelente acollida pola veciñanza que se agarda que continúe

  • A concelleira Noelia Seijas anima á veciñanza a participar nas conferencias porque en todas elas se tratarán sobre aspectos de saúde de interese por parte de destacadas figuras de prestixio no ámbito sanitario

O catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, Ángel Carracedo Álvarez, tamén director da Fundación Pública de Medicina Xenómica (Sergas-Xunta de Galicia), abrirá o vindeiro venres 17 de xaneiro o II Ciclo de Conferencias sobre Saúde “COIDA(te). ESCOITA (te)”, que promove o goberno a través da Concellería de Sanidade e Hábitos Saudables que dirixe Noelia Seijas, e no que participarán figuras de prestixio distintas ramas do ámbito sanitario. Deste xeito, continúase a andaina iniciada o pasado ano con esta serie de conferencias sanitarias que tiveron un elevado éxito polo interese e a participación da veciñanza.

O Dr. Ángel Carracedo disertará sobre “enfermidade, xenes e ambiente” nunha conferencia de entrada libre e que se desenvolverá ás sete da tarde no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero (como todas as deste ciclo). A concelleira Noelia Seijas convida á veciñanza a que participe neste novo ciclo de conferencias sobre distintos aspectos de saúde que son de interese para todos e agarda que esperten un interese alto como na pasada edición.

O catedrático de Medicina Legal e director da Fundación Pública de Medicina Xenómica explicará na súa conferencia que na saúde e na enfermidade somos xenes e ambiente, entendendo por ambiente, o que nos afecta como a alimentación, o consumo de tabaco e alcohol, o estilo de vida, os afectos, as infeccións, etc. Tamén sinalará como dependendo do tipo de enfermidade, poden ser máis xenéticas as causas ou ter máis importancia o ambiente. Por exemplo, as enfermidades hereditarias son máis xenéticas e o cancro de pulmón é máis derivado do consumo de tabaco, unha causa máis ambiental.

Saber determinar un ou outro compoñente é moi importante para poder entender as enfermidades, predicilas, buscar tratamentos e, todo isto, é a base do que se chama medicina personalizada. Carracedo avanzará así mesmo como se fai a busca destes compoñentes, que é a xenética, como se buscan e deseñan tratamentos novos e como se pode predicir as enfermidades.

Tamén falará dos grandes proxectos europeos como o de Un millón de xenomas, as iniciativas en España como o programa IMPaCT e o Proxecto Xenoma de Galicia, un dos mais ambiciosos do mundo.

Ángel Carracedo é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC) desde 1990. Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia) desde 1998, o centro onde se centraliza o diagnóstico xenético de Galicia con máis de 40.000 doentes por ano.

O grupo que dirixe (Medicina Xenómica) consta de 10 grupos de investigación e varias plataformas tecnolóxicas. Director do Grupo de Xenómica do CIMUS, da área de Xenómica e Bioloxía de Sistemas do IDIS e do Grupo de Xenómica traslacional do CIBERER.

Presidente e co-director científico da Fundación Kaertor (para busca precoz de fármacos), presidente da Fundación INGADA (sobre atención e estudo do TDAH e trastornos asociados) e outras fundacións e asociacións sen ánimo de lucro.

Publicou 12 libros e máis de 800 artigos en revistas internacionais incluíndo numerosos artigos en Nature, Sciencie, Cell, Nature Genetics, ademais das principais revistas de xenética médica, cancro e medicina forense (Google Scholar Ángel Carracedo). As súas principais liñas de investigación actuais inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a medicina personalizada. Director do Programa IMPacT Xenómica e do Centro Nacional do Xenotipado. Os seus traballos reciben actualmente unha media de ao redor de 6.000 citacións por ano.

Ditou máis de 3.500 conferencias convidadas en máis de 70 países, máis de 1.000 charlas divulgativas e dirixiu máis de 100 teses doutorais.

Membro do Board de sociedades científicas nacionais e internacionais de Xenética, farmacoxenómica, cancro e Medicina forense. Participou ou participa en organismos reguladores e axencias (Agencia Europa del Medicamento -EMA, Forensic DNA Regulataor, UK, CNUFADN, Comité da Cruz Roja Internacional, Consorcio Internacional de Enfermidades raras, Comité forense do Tribunal Penal Internacional da Haya, etc.).

Membro do consello asesor de numerosos centros de investigación nacionais e internacionais e departamentos ministeriais. Presidente da International Academy of Legal Medicine. Ex presidente da International Society for Forensic Genetics. Ex director do Instituto de Ciencias forenses da USC. Ten seis sexenios docentes e de investigación e un de transferencia.

Académico das Reais Academias Galegas de Ciencias, Farmacia e Medicina, do Consello da Cultura Galega e do Alto Consejo Consultivo da Generalitat de Valencia.

Ten recibido numerosos premios entre os que destacan o Premio Rey Jaime I de investigación (o máis importante de España, concedido por un xurado de máis de 20 premios Nobel), Adelaide Medal (a distinción máis importante do mundo forense a nivel mundial), Galien Medal (coñecida como o Premio Nobel do Medicamento), Medalla de Ouro e Prata de Galicia, Premio Nacional de Xenética, Cruz ao Mérito Policial, Cruz ao Mérito da Garda Civil, Medalla de Ouro e brillantes do Colexio Médico, Premio Fernández Latorre, Premio Prismas de Divulgación, Premio Galicia de Investigación, Medalla Castelao, Premio Novoa Santos, Premio Otero Pedrayo, Zendal Award, Premio FEDER, Premio Aelmhu, entre outros moitos.

Doutor Honoris Causa por oito universidades de Europa e América e membro de varias academias a nivel nacional e internacional.

Neste ciclo de conferencias sobre saúde, tomarán parte ademais do Dr. Ángel Carracedo; Maruxa Zapata, licenciada en Farmacia, diplomada en Nutrición Humana e Dietética e doutora en Epidemioloxía e Saúde Pública que falará sobre “Como descifrar as etiquetas dos alimentos”; a neurocirurxiá e especialista en Cirurxía minimamente invasiva de columna, cirurxía endoscópica lumbar e craneal, Dolores Varela que disertará sobre “Patoloxía dexenerativa de columna vertical e lumbar” e a doutora Ángela Torres Iglesias, do servizo de Psiquiatría CHUS-Sergas, catedrática de Psiquiatría de Medicina e Odontoloxía na USC, vicedecana de Intercambios, Calidade e Innovación educativa da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, Ángela Torres.

Imagen ÁNGEL CARRACEDO ABRIRÁ O II CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE SAÚDE CUNHA CHARLA DIVULGATIVA SOBRE “ENFERMIDADES, XENES E AMBIENTE”
Galería imaxes
  • Imagen: Ciclo de Conferencias sobre Saude Dr Carracedo-01

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie