-
Presentouse o protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIFÓBICAS nos eventos e espazos festivos elaborado pola Xunta de Galicia, onde o director xeral asumiu o futuro compromiso de achegar este protocolo os locais de ocio nocturno, a fin de que se poidan adherir
Hoxe levouse a cabo a Mesa Local de coordinación fronte á violencia de xénero, creada e activa no Concello de Lalín desde novembro de 2008, na que participaron diferentes representantes que traballan directa ou indirectamente coas vítimas de violencia de xénero.
Na Mesa, que é unha ferramenta necesaria no ámbito local para acadar a erradicación da violencia de xénero, están representadas diferentes institucións que teñen actuacións en violencia de xénero como a Garda Civil, Policía Local, Colexio de Avogados, Xulgado de 1ª instancia, Xunta de Galicia, Unidade contra a violencia de xénero, Subdelegación do Goberno, servizo de saúde, servizo de orientación dos IES e CIM e Igualdade do Concello.
Á reunión asistiron a concelleira de Política Social e Igualdade, Carmen Canda; a tenente alcalde, Paz Pérez; o edil de Seguridade, Pablo Areán; Roberto Barba Alvedro, director xeral da Loita contra a violencia de xénero da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia; Mª José Rodríguez Pérez, xefa da Unidade de Violencia contra a muller da Subdelegación do Goberno; Irene García Díaz do servizo EMUME; o tenente do posto da Garda Civil Jorge Cobas Piñeiro; o responsable de VioGén do posto de Lalín, Ramón Silva Donsión; o xefe da Policía Local, Pablo Pérez Asorey; o representante do IES Ramón Aller Ulloa, Luis Fernando Pérez Méndez; a representante do CIS, Ana Herminia Ruíz Vázquez, e a axente de Igualdade municipal, Mª Jesus Payo Negro; Inés Dominguez Varela, axente de Igualdade da Subdelegación do Goberno e a directora do CIM, Mª Teresa Rocha Blanco.
A orde do día foi a análise dos seguintes puntos:
1. Análise das actuacións nos diferentes departamentos representados en canto ao tratamento da violencia de xénero e atención ás vítimas.
2. Presentación do protocolo de actuación contras violencias sexuais e LGTBIFóbicas nos espazos festivos e o programa de garda psicolóxica para atención ás 24h.
3. Posta en común de actuacións na mesa de coordinación policial.
A xefa da unidade da Subdelegación presentou o informe da situación actual en canto a casos de violencia de xénero, facendo referencia a 47 casos activos na provincia de Pontevedra, así como o compromiso anual da formación no ámbito educativo por parte da Subdelegación co Plan Director.
Desde o CIM analizáronse as consultas da asistencia social integral á vítimas no ano 2024, recollendo un total de 238 consultas, que engloba tramitación de prestacións periódicas, servizo de teleasistencia ATENPRO e asesoramento xurídico e psicolóxico, dato que supón un 28% máis de consultas que no período 2023.
Presentouse o protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIFÓBICAS nos eventos e espazos festivos elaborado pola Xunta de Galicia, onde o director xeral asumiu o futuro compromiso de achegar este protocolo os locais de ocio nocturno, a fin de que se poidan adherir.
Por último acordouse, por parte dos representantes, a elaboración e posta en marcha dun protocolo local de coordinación e actuación fronte a violencia de xénero para a próxima convocatoria da Mesa no mes de xuño .