Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null A exposición central da 57ª Feira do Cocido «Arte en tinta» recibe as primeiras visitas colectivas
A exposición central da 57ª Feira do Cocido «Arte en tinta» recibe as primeiras visitas colectivas
23 xaneiro 2025
  • Esta mostra, froito da colaboración entre o Concello de Lalín, ABANCA e Afundación, fai un percorrido pola diversidade creativa da arte contemporánea a través de vinte e oito gravados de vinte e un máis destacados artistas do panorama galego e español e mesmo internacional, todos pertencentes á Colección de Arte Afundación

  • Pódese ver no Museo Municipal Ramón Mª Aller ata o próximo 14 de marzo

  • Convídase a todas as persoas que a visiten a que doen alimentos non perecedoiros, xa que todo o recollido será destinado, en coordinación co Concello de Lalín, a entidades e colectivos lalinenses que recibirán todos os fondos que se recaden

A exposición «Arte en tinta», mostra central da 57ª Feira do Cocido, froito da colaboración entre Concello, ABANCA e Afundación, que recolle vinte oito gravados- pertencentes á Colección de Arte Afundación de vinte e un dos más destacados artistas do panorama galego, españois e mesmo internacionais, recibe as primeiras visitas colectivas. Así, na vindeira semana, o luns, 27 de xaneiro, achegarase a coñecer a mostra alumnado de 3º e 4º de ESO (23 rapaces) do Colexio Scientia Lalín ás 11.10 h e o martes 28 será alumnado de 1º e 2º da ESO (26 alumnos) quen a visite ás 13 horas. Tamén está prevista unha visita do colexio de Codeseda (A Estrada) cuxa data se concretará en vindeiros días.

Así mesmo están xa pechadas visitas a «Arte en tinta» de cincuenta e cinco persoas dunha asociación de Culleredo para o xoves 6 de febreiro e doutra de antigos empregados de Telefónica, tamén un grupo de cincuenta e cinco persoas, para o mércores, 19 de febreiro.

Cómpre lembrar que a exposición foi aperturada o pasado venres, 17 de xaneiro, pola tenente alcalde e concelleira de Cultura, Paz Pérez, así como por José Luis Romero Quiroga, coordinador institucional de ABANCA; César Carballo Suárez, director da Oficina ABANCA de Lalín e Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación. Pode verse no Museo Municipal Ramón Mª Aller ata o 14 de marzo.

«Arte en tinta» é un percorrido por conceptos, temas, estilos e linguaxes, presentes na arte contemporánea da man dunha escolma de obras da Colección Afundación. O hiperrealismo de Eduardo Naranjo ou Quintana Martelo, o mundo onírico de Jorge Castillo, a delicadeza de Carmen Laffón, o equilibrio luminoso de Berta Cáccamo, a abstracción de Broto ou o volume de Chillida son só algúns dos aspectos que afloran nesta mostra.

A temática das diferentes obras flúe desde o concreto ao abstracto, dos obxectos á arquitectura, dos animais ás persoas. O real, o imaxinario e o abstracto conviven nos diferentes procesos e técnicas do gravado (augaforte, augatinta, xilografía, litografía, serigrafía...). Estas distintas temáticas, compartindo un mesmo espazo, permiten transmitir que a énfase da exposición reside na diversidade, nas posibilidades inherentes ás técnicas do gravado e, por suposto, na liberdade creativa da arte contemporánea.

Trátase dunha exposición dunha gran calidade na que se pode ver obra de creadores estreitamente vinculados a Lalín e ao Cocido como Manuel Quintana Martelo, cartelista da Feira en 2006 e autor da exposición central da LV Feira do Cocido (2023) ou Jorge Castillo, cartelista da Feira no ano 2009.

Aos nomes de Quintana Martelo e Castillo únense os de relevantes artistas galegos como Berta Cáccamo, Xaime Quessada, Antón Goyanes, Roberto González, Manuel Facal Ponte e Jesús Núñez Fernández e Ann Heyvaert, nacida en Menphis, nos Estados Unidos e desde hai anos profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Así mesmo conforman a mostra gravados de Chillida, Tapies, José Manuel Broto, Antonio Clavé, Carmen Laffón, Cristóbal Toral, Eduardo Arroyo, Eduardo Naranjo, José

Hernández, José María Sicilia, Vicente Arnás e José de Guimaraes, considerado como un dos principais artistas portugueses da arte contemporánea.

A Colección de Arte Afundación cumpre unha década desde que a colección foi declarada Ben de Interese Cultural de Galicia e esta mostra en Lalín forma parte do esforzo de divulgación que fai Afundación, e que está liderado nestes momentos co proxecto “Simultánea” que amosa 350 obras da Colección de Arte Afundación nas sete sedes da entidade por toda Galicia.

É de destacar que se convida a todas as persoas que visiten a exposición a que doen alimentos non perecedoiros, xa que todo o recollido será destinado, en coordinación co Concello de Lalín, a entidades e colectivos lalinenses que recibirán todos os fondos que se recaden. Unha iniciativa que se enmarca no programa “Cultura por Alimentos” de Afundación.

RELACIÓN DE ARTISTAS:

  1. Ann Heyvaert
  2. Antón Goyanes
  3. Antoni Clavé
  4. Berta Cáccamo
  5. Carmen Laffón
  6. Chillida
  7. Cristobal Toral
  8. Eduardo Arroyo
  9. Eduardo Naranjo
  10. Jesús Núñez
  11. Jorge Castillo
  12. José de Guimaraes
  13. José Hernández
  14. Jose Manuel Broto
  15. Jose María Sicilia
  16. Manuel Facal
  17. Quintana Martelo
  18. Roberto González
  19. Tapies
  20. Vicente Arnás
  21. Xaime Quessada

Imagen A exposición central da 57ª Feira do Cocido «Arte en tinta» recibe as primeiras visitas colectivas
Galería imaxes
  • Imagen: Arte en Tinta

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie