Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null CRESPO INDICA QUE A FEIRA DO COCIDO ABRE NESTA EDICIÓN UNHA NOVA FASE DE INTERNACIONALIZACIÓN E DE APERTURA DE NOVAS FRONTEIRAS
CRESPO INDICA QUE A FEIRA DO COCIDO ABRE NESTA EDICIÓN UNHA NOVA FASE DE INTERNACIONALIZACIÓN E DE APERTURA DE NOVAS FRONTEIRAS
24 xaneiro 2025

Presentou en Fitur a Feira do Cocido nun acto que contou coa asistencia do propio embaixador do Xapón en España, primeiro pregoeiro internacional da Feira

 

  • Participaron tamén na presentación o presidente da Deputación; o director da Axencia Turismo de Galicia; a deputada provincial de Turismo e alcaldes e representantes municipais do xeodestino Deza-Tabeirós

  • Anunciou como primeiros Comendadores da vindeira edición da Feira ao presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a deportista olímpica, Teresa Portela

 

O alcalde de Lalín, José Crespo, promocionou e difundiu en Fitur a 57ª Feira do Cocido no marco da presentación “Deza-Tabeirós, tradición e gastronomía” nun acto que, cun auditorio repleto, contou coa presenza do pregoeiro, o embaixador plenipotenciario e extraordinario do Xapón en España, Takahiro Nakamae, a quen o rexedor lle agradeceu a súa presenza (“é todo un detalle que o señor embaixador nos acompañe”); do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; do director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; da deputada provincial de Turismo, Nava Castro, e dos alcaldes e representantes municipais do xeodestino.

Crespo comezou a súa intervención destacando que “presentar a Feira do Cocido é, para unha persoa de Lalín, case como un símbolo de identidade, emblema da Galicia interior”. “Levamos xa 57 anos, e na edición deste ano, onde o pregoeiro é internacional, queremos abrir unha nova fase de internacionalización e con elo a apertura de novas fronteiras”, fixo fincapé. Neste sentido indicou que “a Feira do Cocido cumpriu xa varias etapas cruciais no seu crecemento: difusión nacional e internacional; desestacionalización e agora abra a internacionalización como propia Feira”.

Así, afirmou ao respecto, “queremos que a Feira cobre unha nova dimensión abrindo novos vieiros de promoción e difusión”. “Nesta edición -remarcou- o pregoeiro será por primeira vez un persoeiro de fóra de España; unha figura internacional como é o embaixador do Xapón en España”. “Na Feira participarán outros representantes estranxeiros como o alcalde de Miami e comisionado do distrito 3 desta área metropolitana, Joe Carollo e tamén estarán representantes da empresa Huttopia”. “Proxectos como os de Huttopia ou o crecemento dos peregrinos na Vía da Prata e no Camiño de Inverno van contribuír a difundir os nosos atractivos, especialmente turísticos”, sinala.

O mandatario lalinense afirmou que “teño gratos de Fitur, en 2020, a secretaria de Turismo outorgounos aquí o distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional; ese mesmo ano contactei cunha empresa francesa, Huttopia, e agora está facendo o seu proxecto en Lalín, e o 27 de xuño inaugurarán unha cabañiñas de madeira, unha iniciativa que fará de Lalín un punto de referencia no turismo de tranquilidade”. “Desfrutar do turismo de tranquilidade é un punto importantísimo que imos tentar rendibilizar e poñer en valor”, resaltou.

Crespo convidou a todos a participar da 57ª Feira do Cocido, o 23 de febreiro, unha “Feira do Cocido na que tamén estaremos homenaxeando a Rosalía de Castro e a Laxeiro”.

Comendadores

Por outra parte, o rexedor lalinense anunciou hoxe que a lista de Comendadores que prometerán o seu cargo na defensa da Feira do Cocido o vindeiro 23 de febreiro, coincidindo coa celebración do día grande, ábrese co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez, e coa piragüista olímpica, Teresa Portela.

Crespo referiuse a Luis López como un fillo político del. Este dezao, licenciado en Dereito pola USC, desenvolveu o seu labor na empresa privada como técnico de organización e en diversas empresas do sector servizos e outros. Foi alcalde de Rodeiro desde 2011, cargo que revalidou con maiorías absolutas en 2015 e 2019. Anteriormente, entre 2003 e 2007, foi concelleiro de Cultura, Educación e Deportes. Desde 2019 e ata o seu nomeamento como delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, en 2021, tamén foi deputado provincial na Deputación de Pontevedra. Entre 2011 e 2019 presidiu a Mancomunidade de Terras de Deza. Desde 2023 é presidente da Deputación de Pontevedra.

Teresa Portela, nada en Cangas do Morrazo, subcampioa olímpica nos Xogos Olímpicos de Tokio 2021. Participou en 7 Xogos Olímpicos de xeito ininterrompido desde os Xogos de Sydney no ano 2000 ata os últimos Xogos Olímpicos, celebrados no pasado mes de agosto en París 2024. Converteuse na muller española con máis participacións olímpicas.

Ao longo da súa carreira deportiva conseguiu grandes logros deportivos, como son a prata olímpica, 6 diplomas olímpicos, e logrou ser 2 veces campioa do Mundo e 6 veces campioa de Europa, entre outros. Non só se centrou na súa carreira deportiva, senón que tamén na súa formación académica obtendo o Grao de Fisioterapia e a Diplomatura de Mestra. A nivel persoal, afirma que a maternidade foi a súa gran medalla. E a conciliación, o seu gran reto diario.

Imagen CRESPO INDICA QUE A FEIRA DO COCIDO ABRE NESTA EDICIÓN UNHA NOVA FASE DE INTERNACIONALIZACIÓN E DE APERTURA DE NOVAS FRONTEIRAS
Galería imaxes
  • Imagen: ESTA

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie