-
Foi nun encontro no que tamén participou a tenente alcalde e a concelleira de Aldeas de Nadal
-
Cómpre lembrar que nesta sexta edición sumaron importantes novidades como os escaparates máxicos ou o concurso de escaparates de Aldeas de Nadal, iniciativas posibles coa colaboración da Xunta
-
A Aldea Gastro foi unha experiencia moi positiva como se demostra en que tiveron máis facturación da esperada e os postos participantes se amosan dispostos a repetir
O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado da tenente alcalde Paz Pérez e da concelleira de Aldeas de Nadal Karen Fernández brindoulles hoxe unha recepción ás empresas patrocinadoras das Aldeas de Nadal (GSI, Autocares Meijide, Inasus, Mejuto e ABANCA) para agradecerlle a súa implicación neste proxecto referente do Nadal, que atraeu a milleiros de visitantes durante os 39 días en que se desenvolveu nesta xa sexta edición e que fixeron que os restaurantes e a hostalería tivesen un cheo total tanto en fins de semana como pola semana.
Cómpre indicar que este ano ás Aldeas de Nadal -compostas por 7 poboados e 67 casiñas, nas que destacou como novidade a Aldea Gastro-, sumáronse novos atractivos como os escaparates máxicos e o concurso de escaparates de Aldeas de Nadal que propiciaron que unha trintena de comercios repartidos por todas as rúas se sumasen a esta iniciativa e que houbese moita xente facendo esta ruta do comercio local. Iniciativas innovadoras que foron posible coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Dirección xeral de Comercio e Consumo.
Durante estes 39 días en que estiveron abertas as Aldeas recibiron visitantes, ademais de Lalín e Comarca, de distintos puntos de Galicia (Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Valdoviño, Salceda de Caselas, Boimorto, Lestedo, Lugo, Ourense, O Carballiño, Allariz, Ribadavia, Barro, Vigo, Redondela, Vilagarcía, Valga e Pontevedra) España (Castellón, Teruel, Burgos, Oviedo, León, Madrid, Logroño, Cáceres, Sevilla, Palma de Mallorca e Albacete) e tamén do estranxeiro (Andorra, Paraguay, Francia e Ucraína). Os visitantes coincidiron na beleza das Aldeas e na acertada iniciativa do concurso de escaparates.
Rotación de vehículos no parking
É de destacar que entre o 5 de decembro e o 12 de xaneiro, datas en que funcionaron as Aldeas, propiciouse unha rotación de vehículos no parking de 24.263, un incremento moi considerable (+43%) con respecto ao ano pasado e que se rexistraron 16.985 rotacións.
A Aldea Gastro foi unha experiencia moi positiva como se demostra en que tiveron máis facturación da esperada e os postos participantes se amosan dispostos a repetir.
Outro dato a destacar é que durante o período en que estiveron abertas, o 80% das visitas que recibiu o Pazo de Liñares foron propiciadas pola visita ás Aldeas.
As entradas vendidas no tren foron 9.884 sen contar sobre as 2.000 dos colexios, residencias e Aspadeza que foron todos de balde.
Elevada repercusión mediática
As Aldeas de Nadal tiveron unha elevada repercusión tanto en medios de comunicación e redes sociais, nas que alcanzaron máis de 800 mil visualizacións tanto de fotografías como de vídeos, desde o 19 de novembro ata o 12 de xaneiro, datas nas que se desenvolveu esta campaña de publicidade non pagada. Ademais foron moitos os blogs que as publicitaron como Vigo Peques, Petiscos Galegos, Galicia Máxica, Camiño Xacobeo, Es lo bonito, entre outros moitos.