A IV Feira Internacional de Apicultura de Lalín continúa hoxe domingo ao longo de todo o día con charlas, obradoiros e degustacións gastronómicas en directo
Onte inaugurouse a Feira Alvariza, a IV Feira Internacional de Apicultura de Lalín, unha das grandes citas que abre as portas á 57ª Feira do Cocido.
Nun acto na Carpa do Cocido con moita asistencia, ademais de abrir o propio evento, realizouse o acto protocolario do irmandamento da Feira do Cocido de Lalín e da Festa da Filloa de Lestedo, coa firma do alcalde de Lalín, José Crespo, e do alcalde do Concello de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, baixo a presenza da conselleira de Medio Rural María José Gómez, os directores José Balseiros e Martín Alemparte, concelleiros e membros da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo.
Felicitar de novo á organización da Feira Alvariza, encabezada por David Liñares, pola calidade e variedade desta mostra sectorial que está a converterse nunha das máis importantes a nivel nacional, e animar a veciñanza e visitantes a acudir esta fin de semana á Carpa do Cocido para un evento que merece moito a pena de ver, e de degustar.