Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null ALFREDO CONDE GAÑA O XXXI PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO” CO TRABALLO “E SE VOARA...” NO QUE AMOSA UN PROFUNDO COÑECEMENTO DE LALÍN E DA SÚA COCIÑA
ALFREDO CONDE GAÑA O XXXI PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO” CO TRABALLO “E SE VOARA...” NO QUE AMOSA UN PROFUNDO COÑECEMENTO DE LALÍN E DA SÚA COCIÑA
04 febreiro 2025

A reportaxe web “O Sabor da Afouteza” álzase co galardón ao mellor traballo académico dedicado á gastronomía polo seu gran labor xornalístico e calidade

 

O xurado acordou tamén unha mención especial ao traballo realizado por TVG ao longo dos 40 anos en favor da gastronomía de Galicia

 

Entregaranse ambos recoñecementos na Gala do Cocido que será retransmitida pola TVG desde o Lalín Arena o venres, 21 de febreiro

O escritor e articulista Alfredo Conde alzouse, por unanimidade do xurado, co XXXI Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”, promovido polo Concello de Lalín en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, coas asociacións gastronómicas galegas e coa Axencia Turismo de Galicia (Xunta de Galicia) e recoñecido como o premio periodístico gastronómico máis importante de España cunha dotación de 4.000 euros.

Alfredo Conde Cid foi elixido gañador do XXXI Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, por unanimidade do xurado, polo seu traballo xornalístico gastronómico “E se voara...” que destaca “pola calidade do artigo no que aúna un profundo coñecemento de Lalín e da cociña lalinense” deste escritor na súa condición de articulista, de acordo ás consideracións do xurado. Cómpre destacar que Alfredo Conde exercera como pregoeiro da Feira do Cocido en 1994.

“E se voara...” resultou seleccionado entre os 19 traballos que concorreron a esta candidatura en todas as categorías (libros, traballos, publicacións ou investigacións sobre gastronomía, traballos xornalísticos emitidos en radios e televisións, páxinas web con contidos dedicados á gastronomía ou traballos gráficos publicados en medios de comunicación).

Así o acordaron os integrantes do xurado na súa deliberación que tivo lugar hoxe na Casa do Concello de Lalín. Un xurado, presidido polo alcalde de Lalín, José Crespo, e que estivo integrado por destacados xornalistas como Martín Fernández Vizoso, Alberto Barciela Castro, Belén Xestal Ares, María José Imia Vázquez (en representación da Axencia Turismo de Galicia), así como a vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Alba Silva Rodríguez, e no que tamén participou o concelleiro de Turismo do Concello, Avelino Souto Rozados e Manuel Vilariño Blanco como secretario do xurado.

O xurado tamén elixiu como gañador do traballo académico, dotado con 1.000 euros, o presentado por Olivia Castro Menéndez, Teo Martínez de Lorenzo, Alba García Villanueva, Nerea Rodríguez Vázquez e Ignacio Fernández Blanco, grupos de alumnos/as de 3º de Periodismo da USC, pola súa reportaxe web titulada “O Sabor da Afouteza” pola “súa gran calidade xornalística e pola súa calidade na elaboración dos argumentos, no tratamento gráfico e no desenvolvemento do mesmo”, en palabras do xurado.

Ademais o xurado acordou unha mención especial ao traballo realizado por TVG ao longo dos 40 anos en favor da gastronomía de Galicia.

Os premios entregaranse o venres 21 de febreiro na Gala do Cocido que será retransmitida pola TVG desde o Lalín Arena.

Pé de foto: (de esquerda á dereita): Avelino Souto, Martín Fernández Vizoso, Alberto Barciela, José Crespo, María José Imia, Alba Silva e Belén Xestal

Imagen ALFREDO CONDE GAÑA O XXXI PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO” CO TRABALLO “E SE VOARA...” NO QUE AMOSA UN...
Galería imaxes
  • Imagen: DSC08999 (1)

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie