Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null UN EXEMPLAR LALAÍNO DE 14 MESES, DE MÁIS DE 180 QUILOS E CRIADO CON LANDRAS E CASTAÑAS PARA A MATANZA TRADICIONAL DO PORCO EN CATASÓS
UN EXEMPLAR LALAÍNO DE 14 MESES, DE MÁIS DE 180 QUILOS E CRIADO CON LANDRAS E CASTAÑAS PARA A MATANZA TRADICIONAL DO PORCO EN CATASÓS
06 febreiro 2025
  • O pedáneo de Catasós Antonio Fernández avanza que este ano oficiará unha matachina e unha ampla recreación de oficios tradicionais

  • O edil de Festas e de zona, José Cuñarro, convida a lalinenses e visitantes que se acheguen a desfrutar da Matanza e agradece á parroquia de Catasós, ao pedáneo, á asociación de veciños, á comisión de festas e á familia que cede a casa a súa implicación na preparación da Matanza

  •  

  • A 25ª edición terá lugar o domingo 16 de febreiro a partir das 11.30 h na casa de Antuín (Catasós), organizada pola veciñanza de Catasós da man do pedáneo e do Concello

O edil de Festas e de zona, José Cuñarro Torres, e o pedáneo de Catasós, Antonio Fernández Fernández, que están a ultimar, da man da veciñanza desta parroquia, os preparativos da XXV Matanza Tradicional do Porco, desprazáronse ata a explotación do criador de porco celta e lalaíno, Celso Toimil, en Ateán (Botos), para comprobar o estado do exemplar ao redor do que xirará a recreación deste evento identitario que se desenvolverá o domingo 16 de febreiro na Casa de Amorín, no lugar de Antuín (Catasós). Trátase dun porco lalaíno cen por cen, de 14 meses, fillo de nai celta e pai Duroc, explica o produtor.

O pedáneo Antonio Fernández avanza, respecto da celebración tradicional do Porco, que “se vai recrear a Matanza como se fai todos os anos coa novidade de que por primeira vez este ano imos ter matachina en vez de matachín”. “Está a parroquia totalmente implicada na preparación da Matanza”, remarca. Así mesmo adianta que “vai haber recreación de oficios: de calceta, de ganchillo, tapicería, palillería, afiadores..., un pouco as tradicións da aldea”. “Tamén haberá un forno cocendo pan”, indica.

José Cuñarro fai fincapé en que “a Matanza era unha das celebracións máis importantes que tiñamos no interior de Galicia e na Comarca de Deza, pois significaba ter garantido o sustento para todo o ano; da Matanza e da seitura era do que as familias vivían todo o ano: os chourizos, os xamóns, os lacóns, o touciño, etc. etc.”. Sinala que “á parte desa demostración de oficios en Catasós vai haber degustación de produtos típicos da Matanza”. Ao respecto Fernández Fernández concreta que “haberá degustación de produtos típicos do porco, empanada e sobremesas caseiras realizadas polas veciñas da parroquia”.

Actuacións musicais

“Durante toda a recreación da Matanza van estar amenizando o evento Os Dezas de Moneixas durante a mañá e despois da degustación estará o dúo Dilema animando a tarde”, subliña.

Aparcadoiros sinalizados

Cuñarro afirma que “quédanos que veña un bo día, que polo menos non nos chova: haberá unha carpa onde o local social que será onde se fai a degustación dos produtos; a menos de 200 m. está a casa; haberá aparcadoiros debidamente sinalizados tanto pola asociación de veciños de Catasós que leva o peso da Matanza como desde Emerxencias Lalín, que poñerá todos os medios para poder ter uns aparcamentos dignos”.

O edil convida a “lalinenses e visitantes que se acheguen a Catasós o domingo 16 desfrutar da Matanza Tradicional do Porco e agradece á parroquia de Catasós, ao pedáneo, á asociación de veciños, á comisión de festas e á familia que cede a casa, pola súa implicación xa que están a traballar moito para que todo saia adiante”. “Desde o Concello, o goberno estamos a traballar no que nos toca para que sexa unha boa Matanza”, indica.

Por último, Cuñarro “tamén lle agradece ao criador Celso Toimil porque é difícil atopar cada ano un exemplar que cumpra cos requisitos de ser un porco como os de antano, que pese máis de 180 quilogramos e que teña máis dun ano de vida, e que sexa criado fóra, alimentado con landras e de castañas, produtos típicos do noso rural”.

Imagen UN EXEMPLAR LALAÍNO DE 14 MESES, DE MÁIS DE 180 QUILOS E CRIADO CON LANDRAS E CASTAÑAS PARA A MATANZA TRADICIONAL DO PORCO EN CATASÓS
Galería imaxes
  • Imagen: 1p

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie