Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null A MATANZA TRADICIONAL DO PORCO DE CATASÓS INCLÚE RECREACIÓN ESCENIFICADA E NARRACIÓN EN DIRECTO, DEGUSTACIÓN, MOSTRA DE OFICIOS TRADICIONAIS E ACTUACIÓNS MUSICAIS
A MATANZA TRADICIONAL DO PORCO DE CATASÓS INCLÚE RECREACIÓN ESCENIFICADA E NARRACIÓN EN DIRECTO, DEGUSTACIÓN, MOSTRA DE OFICIOS TRADICIONAIS E ACTUACIÓNS MUSICAIS
15 febreiro 2025

A 25ª edición terá lugar este domingo 16 de febreiro a partir das 10.30 horas na casa de Amorín, organizada pola veciñanza de Catasós, da man do pedáneo e do Concello

 

 

  • Cuñarro comprobou cos veciños de Catasós o avance dos preparativos e tamén os traballos de desbroce e limpeza que a brigada de Obras do Concello está a ultimar no lugar

  • Máis de 150 persoas traballan na organización

  • Será a primeira vez que unha muller exerza de matachina

  • O aparcamento estará situado moi preto do lugar e debidamente sinalizado

A XXV Matanza Tradicional do Porco celebrarase o vindeiro domingo, 16 de febreiro, na casa de Amorín, en Antuín, na parroquia de Catasós. Nestes días a veciñanza de Catasós, da man do pedáneo da parroquia, Antonio Fernández Fernández, e do Concello, a través da coordinación do concelleiro de Festas e de zona, José Cuñarro, ultiman os derradeiros preparativos de cara ao reparto de tarefas e a recreación escenificada da Matanza.

Precisamente José Cuñarro vén de manter in situ un encontro cos representantes dos veciños de Catasós, Diego Villamayor Alvarellos, da Asociación veciñal cultural Santiago de Catasós e Darío Froján Freire, da Asociación de Veciños de Catasós, asociacións de veciños que xunto ao pedáneo Antonio Fernández e ao Concello van a levar adiante a Matanza o vindeiro domingo ao estilo tradicional, como se facía antano na inmensa maioría das casas lalinenses. En total están a traballar na organización máis de 150 de persoas.

Cuñarro supervisou tamén os traballos de limpeza e desbroce que, no lugar, está desenvolvendo a brigada de Obras do Concello, próximos ae rematar. O concelleiro remarca que a casa de Amorín está totalmente preparada para acoller a Matanza; ao igual que o forno tradicional de pedra onde se cocerá pan como antigamente.

O dito inmoble data en orixe do século XVIII e tivo a última reforma importante en 1850. É polo tanto unha casa centenaria, con forno, alpendre acondicionado para labores diarios, curro, lareira, corredor como había antigamente nas casas de labranza, hórreo de tres claros e amplo saído e enlousado de pedra, explica o edil, ao tempo que agradece á familia Amorín a cesión da casa para a realización do evento. Fai fincapé en que “unha das cousas que máis vai impresionar á xente é o enlousado de pedra que ten a eira, que antigamente facilitaba o labor de limpeza do gran cando se mallaba”.

Este ano será a primeira vez que unha muller exercerá de matachina, correndo a cargo de Luisa Batán. Haberá tamén representación de oficios tradicionais como calceta, ganchillo, tapicería, palillería, afiadores, cosido ou debullado do millo.

A celebración da Matanza estará narrada e comentada polo xornalista de Radio Lalín, Gúmer Portas, e polo Cronista Oficial de Lalín e Comendador do Cocido, Daniel González Alén, que achegarán aos visitantes aspectos historiográficos, etnográficos, culturais e mesmo anecdóticos ao redor deste evento que está tan enraizado nas nosas tradicións.

O porco será un exemplar lalaíno de máis de 180 quilos, fillo de nai celta e pai Duroc, un exemplar semellante aos porcos que se sacrificaban antigamente nas casas galegas, criado fóra e alimentado con landras e castañas, con propiedades óptimas cara á salga da carne e á elaboración de chourizos.

Aparcamento sinalizado

En canto ao aparcamento, xa están as entradas feitas para que sexa fácil de aparcar: unha enfronte do campo da festa e outra antes de chegar ao campo a man esquerda, ambas as dúas moi preto do lugar onde se celebra a Matanza. Deste xeito o aparcamento estarán debidamente sinalizado tanto pola organización como por Emerxencias Lalín.

O evento estará amenizado por Os Dezas de Moneixas durante a mañá e despois da degustación, pola tarde, actuará o dúo Dilema.

Programa horario (aproximado)

  • 10.30. Inicio da recreación da Matanza.

  • 10-30 a 13 h. Mostra de oficios tradicionais.

  • 13 h. Remate das tarefas de recreación da Matanza.

  • 13 a 13.30 h. Pausa para facilitar que a xente se desprace desde a casa de Amorín ata a carpa.

  • A partir das 13.30 (na carpa): Degustación de produtos típicos do porco: panceta, chourizo, costela, pan, viño e auga.

Imagen A MATANZA TRADICIONAL DO PORCO DE CATASÓS INCLÚE RECREACIÓN ESCENIFICADA E NARRACIÓN EN DIRECTO, DEGUSTACIÓN, MOSTRA DE OFICIOS...
Galería imaxes
  • Imagen: 98d40960-55de-4bd2-8d11-1e9093aec825

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie