Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null FRANCISCO CONDE E ACISCLO MANZANO, NOVOS COMENDADORES DA 57ª FEIRA DO COCIDO
FRANCISCO CONDE E ACISCLO MANZANO, NOVOS COMENDADORES DA 57ª FEIRA DO COCIDO
16 febreiro 2025
  • A orquestra Los Satélites e as charangas Ardores e KM Cero actuarán o día da Feira do Cocido, o domingo 23 de febreiro, a partir das 18 h na Praza da Igrexa

O alcalde de Lalín, vén de anunciar dúas novas personalidades que se suman ao elenco de Comendadores do Cocido que se incorporarán este ano á Orde, co compromiso de difundir, protexer e apoiar a Feira do Cocido e ao prato do Cocido de Lalín: Francisco Conde López e Acisclo Manzano.

Estes dous novos Comendadores súmanse aos xa anunciados: Takahiro Nakamae -embaixador do Xapón en España e pregoeiro da 57ª Feira; Teresa Portela; o presidente da Deputación, Luis López Diéguez; a presidenta do RC Celta, Marián Mouriño; o presidente e vicepresidenta do grupo Prensa Ibérica, Javier Moll de Miguel e Arantza Sarasola Ormazabal; a tenente alcalde do Concello de Lalín, Paz Pérez Asorey e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira.

Deste xeito, con Francisco Conde e Acisclo Manzano péchase a relación de persoeiros que este ano xurarán ou prometerán o seu cargo de Comendador o vindeiro domingo, 23 de febreiro, día da 57ª Feira do Cocido nunha data que cadra tamén con outra dobre celebración como é o nacemento de Rosalía de Castro e de Laxeiro.

Francisco Conde López, nado en Monforte de Lemos en 1968, é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola mesma universidade. Foi profesor de Economía Aplicada da Universidade CEU San Pablo entre 1995 e 2009 onde ocupou diferentes responsabilidades como as de secretario do Instituto Universitario de Estudos Europeos; vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais; director de Relacións Internacionais e vicerreitor de Relacións Internacionais.

De abril de 2009 a decembro de 2012 exerceu como asesor do Gabinete do Presidente da Xunta de Galicia. En decembro de 2012 foi nomeado conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, responsabilidade que exerceu ata outubro de 2015 cando sumou máis responsabilidades como conselleiro de Economía, Emprego e Industria, cargo que desempeñou de outubro de 2015 a setembro de 2020, data na foi designado  vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta ata maio de 2022.

En maio de 2002 foi nomeado vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, responsabilidades que exerceu ata xuño de 2023.

De setembro de 2016 a agosto de 2023 tamén foi deputado do Parlamento de Galicia e actualmente, desde agosto de 2023, é deputado do Congreso dos Deputados e presidente da Comisión Mixta para a Unión Europea ao tempo que voceiro de Industria do grupo Parlamentario Popular.

Acisclo Manzano Freire naceu en Ourense, a carón das Burgas no 1940. Amosou un interese pola escultura desde unha idade moi temperá. Hoxe en día Acisclo é unha das figuras máis recoñecidas da escultura contemporánea en Galicia e España. Iniciou a súa formación na Escola de Formación Profesional e na Escola de Artes e Oficios de Ourense, continuando máis tarde a súa aprendizaxe en Santiago de Compostela con Jose Liste. Xa desde as súas primeiras obras por encarga, cristos e figuras en madeira, amosa unha clara tendencia á innovación formal.

Formou parte do grupo inicial de O Volter e tamén de de Sete artistas galegos e durante sesenta anos expuxo a súa obra en Galicia e en grandes cidades de Europa e América. Conta co título de Bacharelato de Honra do instituto Sánchez Cantón de Pontevedra. Recoñecido por críticos e historiadores, recibiu numerosos premios, como o Premio Nacional de Escultura en 1962 e en 1968.

A súa escultura móvese esteticamente dentro do universo figurativo, aínda que nalgúns momentos da súa carreira chegou a aproximarse ao territorio da abstracción. Académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes, é tamén Medalla de Ouro da Provincia de Ourense.

Cómpre destacar que Acisclo é tamén o autor do cartel desta 57ª Feira do Cocido. Recentemente cedeu ao Concello de Lalín a obra “Peregrina de Deza”, unha das pezas máis emblemáticas da súa exposición “Camiñantes pola Vía da Prata; trátase dunha escultura de grandes dimensións que se atopa exposta no vestíbulo de entrada do Concello. Ademais é autor da Venus de Deza que loce nunha das rotondas de entrada a Lalín.

Actuacións musicais na tarde da Feira do Cocido

Como é habitual, o programa de actos do día grande da Feira abrirase sobre ás 10.30 h na Casa Consistorial coa recepción pregoeiro, o Excmo. Sr. Embaixador Extraordinario e Plenipotenciario do Xapón en España, Takahiro Nakamae e autoridades, para dar paso seguido ao Capítulo Xeral da Encomenda do Cocido no que xurarán ou prometerán o seu cargo as dez personalidades citadas anteriormente.

 

Posteriormente terá lugar a firma do pregoeiro no Libro de Honras e a impresión das mans no correspondente molde. Sobre ás 12 abrirase a Feira e visitarase a Carpa do Cocido no Campo da Feira para dar comezo ás 12.45 h. aprox. ao pregón da 57ª Feira do Cocido a cargo do embaixador do Xapón en España.

De seguido terá lugar o desfile do Cocido conformado por: Asociación Cultural Carballo da Manteiga; Cabezudos de Laxeiro; Carroza don Cocho; Banda de Gaitas Os Dezas de Moneixas; “Lalaína” a porca filla do “Queitano”; Carroza Cabaleiros de Lalín; Don Cocho; Comparsa Miúdos de Arcade; Comparsa Os da Caña de Marín; Carroza Cooperativa Gandeira de Botos; Comparsa Luces de Tomiño; Comparsa Os Remolóns de Vilagarcía; Carroza do Grupo de Baile A Carballeira de Cercio; Grupo de Gaitas e Danzas Santiago Apóstol de Pamplona; Comparsa Cor Café de Pontevedra e Xenerais da Ulla.

A charanga Verbeneros amenizará a festa pola mañá, con pase polas rúas desde as 10.30 h. Xa pola tarde, o edil de Festas, José Cuñarro, anuncia que se contará desde as 18 horas coa actuación da orquestra Los Satélites e das charangas Ardores e KM Cero, na Praza da Igrexa.

Imagen FRANCISCO CONDE E ACISCLO MANZANO, NOVOS COMENDADORES DA 57ª FEIRA DO COCIDO
Documentos
  • Acisclo Manzano.jpg (jpg 1,6 MB)

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie