Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null A XXV MATANZA TRADICIONAL DO PORCO CONTOU CUNHA DESTACADA PARTICIPACIÓN MALIA A QUE O TEMPO NON ACOMPAÑOU
A XXV MATANZA TRADICIONAL DO PORCO CONTOU CUNHA DESTACADA PARTICIPACIÓN MALIA A QUE O TEMPO NON ACOMPAÑOU
17 febreiro 2025

Este evento identitario desenvolveuse na casa centenaria de Amorín e estivo organizada conxuntamente pola veciñanza de Catasós, da man do pedáneo e do Concello

 

 

  • Crespo indicou que “se non fora pola Matanza non habería Cocido” e agradeceu a implicación e o esforzo dos veciños da parroquia de Catasós que traballaron da man do pedáneo Antonio Fernández e deu as grazas á familia Amorín por ceder a casa; ao concelleiro de Festas, José Cuñarro, e aos edís que botaron tamén unha man; á Deputación de Pontevedra representada por Belén Cachafeiro e ao conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP pola colaboración da Xunta

 

  • Luisa Batán exerceu como primeira muller matachina dunha Matanza Tradicional do Porco, neste xa cuarto de século desde que se vén celebrando

 

  • Houbo unha variada de representación de oficios tradicionais e ata se coceu pan nun forno tradicional que se lle deu a probar aos visitantes

 

  • Tamén se achegou á Matanza, Lalaina, a porca filla do Queitano, que participará no desfile da 57ª Feira do Cocido o vindeiro domingo 23 de febreiro

 

  • Gúmer Portas e Daniel González Alén narraron en directo o desenvolvemento da Matanza

 

A XXV Matanza Tradicional, que hoxe tivo lugar na casa de Amorín, en Antuín, na parroquia de Catasós, organizada polos veciños de Catasós da man do pedáneo Antonio Fernández Fernández e do Concello de Lalín, a través do edil de Festas e de zona, José Cuñarro, contou cunha destacada participación de veciños e visitantes, pese a chuvia que caeu desde a primeira hora, intensa, por momentos.

O alcalde, José Crespo, agradeceu a implicación e dispoñibilidade dos veciños de Catasós, do pedáneo, Antonio Fernández na organización desta XXV Matanza, na que participaron máis de 150 persoas. Indicou que “se non fora pola Matanza non habería Cocido”. Tamén deu as grazas ao edil de Festas, José Cuñarro, polo seu traballo de coordinación así como aos edís que botaron unha man. Agradeceu á familia Amorín (á nai Obdulia e aos irmáns Manuel e Oliva) a cesión da casa centenaria e das súas construcións anexas para levala adiante. Deu as grazas tamén polo apoio da Deputación de Pontevedra, representada pola deputada Belén Cachafeiro, e da Xunta de Galicia, na persoa do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, en eventos relacionados coa 57ª Feira do Cocido.

A Matanza Tradicional comezaba sobre as 11 da mañá coa interpretación de pezas musicais por parte de Os Dezas de Moneixas que animaron a algúns veciños xa ao baile, para logo comezar cos traballos da recreación da Matanza e tamén da súa narración en directo, a cargo do xornalista de Radio Lalín, Gúmer Portas, e do Cronista Oficial de Lalín e Comendador do Cocido, Daniel González Alén, que achegaron aos visitantes aspectos historiográficos, etnográficos, culturais e ata anecdóticos ao redor deste evento que está tan enraizado nas nosas tradicións.

Matachina desde os 16 anos

Exerceu por primeira vez como matachina, unha muller, Luisa Batán, que ten unha longa tradición no oficio posto que leva desempeñado este quefacer desde os 16 anos. O porco foi un exemplar lalaíno, fillo de nai celta e pai Duroc, semellante aos porcos que se sacrificaban antigamente nas casas galegas, criado fóra e alimentado con landras e castañas, con propiedades óptimas cara á salga da carne e á elaboración de chourizos que un exemplar de menor idade.

Os homes carrexaron en carro o porco ata o enlousado da casa onde se levaron a cabo os traballos de chamusque. Durante este tempo tamén se achegou ata Antuín (Catasós), da man do seu dono, Lalaina, a porca filla do Queitano, que participará no desfile da 57ª Feira do Cocido o vindeiro domingo 23 de febreiro.

Tras o chamusque o porco foi levado ata o curro (patio central das casas de labranza) onde se levou a cabo o colgado e o pesado por parte do pedáneo da parroquia, Antonio Fernández, cunha balanza tradicional testemuñou que pesaba 190 quilos. Posteriormente un “sacerdote” (caracterizado para a ocasión) bendiciu o porco.

De seguido partírono e tamén prepararon a zorza, picaron a carne, fixeron chourizos, etc., proceso de recreación da Matanza que finalizou pasada a unha da tarde.

Durante toda a mañá houbo representacións de oficios tradicionais que sumaron un atractivo máis ao evento ademais de reunir moitas actividades e representacións de oficios tradicionais como calceta, ganchillo, tapicería, palillería, afiadores, cosido ou debullado do millo. Coceuse pan nun forno tradicional que se deu a degustar entre os visitantes.

Ao remate, a xente desprazouse ata a carpa onde está tendo lugar a degustación de produtos típicos da Matanza: panceta, chourizos, pan, auga e viños, ademais dunha manchea de sobremesas (filloas, orellas, cañas...), preparadas polas veciñas de Catasós. Pola tarde, actuará o Dúo Dilema.

A casa onde se desenvolveu a Matanza data en orixe do século XVIII e que tivo a última reforma importante en 1850. É polo tanto unha casa centenaria, con eira empedrada, forno, alpendre acondicionado para labores diarios, curro, lareira, corredor como había antigamente nas casas de labranza, hórreo de tres claros (cheo de millo) e amplo saído. Un inmoble moi idóneo para facer a Matanza.

Asistiron ademais do alcalde, do conselleiro de Educación, da deputada provincial Belén Cachafeiro, unha destacada representación de concelleiros.

 

Imagen A XXV MATANZA TRADICIONAL DO PORCO CONTOU CUNHA DESTACADA PARTICIPACIÓN MALIA A QUE O TEMPO NON ACOMPAÑOU
Galería imaxes
  • Imagen: WhatsApp Image 2025-02-17 at 09.31.57

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie