Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null “MONÓLOGOS LALÍN 2025” ACHEGA HUMOR E RETRANCA Á VECIÑANZA LALINENSE DA MAN DE ISI, LUCÍA VEIGA E MARITA MARTÍNEZ E PEPO SUEVOS
“MONÓLOGOS LALÍN 2025” ACHEGA HUMOR E RETRANCA Á VECIÑANZA LALINENSE DA MAN DE ISI, LUCÍA VEIGA E MARITA MARTÍNEZ E PEPO SUEVOS
13 marzo 2025
  • A concelleira de Cultura dá a coñecer este programa de monólogos que o Concello de Lalín desenvolverá ao longo do mes de abril
  • Xunto aos tres monólogos humorísticos súmase o de Marina Marroquí “Eso no es sexo”

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, anuncia que o Concello de Lalín vai desenvolver ao longo do mes de abril “Monólogos Lalín 2025”, que achegarán humor e retranca á veciñanza da man de Isi, Lucía Veiga e Marita Martínez e Pepo Suevos, actuacións que se desenvolverán no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Serán en funcións que terán lugar ás 21 h no Salón Teatro de Lalín. O prezo da entrada para cada un destes tres monólogos é de 5 euros e estarán á venda na recepción do Concello de 8 a 15 horas de luns a venres e o propio día da función en taquilla.

Xunto aos anteriores súmase o monólogo da educadora social e especialista en violencia de xénero, Marina Marroquí, “Eso no es sexo”. Unha actividade organizada pola Oficina de Igualdade do Concello, financiada polos fondos do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero, que é gratuíta para o público. Marina Marroquí ofrecerá dúas funcións o 10 de abril: unha ás 11 no Salón Teatro para alumnado dos IES e outra ás 20 h dirixida ao público a partir de 14 anos. A entrada é de balde ata completar aforo. As inscricións en: igualdade@lalin.gal e 986 18 10 45. Marina Marroquí impartiu talleres de prevención e detección precoz da violencia de xénero en adolescentes a máis de 200.000 mozos e formou a profesionais do ámbito policial, xurídico, sanitario e educativo na detección e intervención con vítimas de violencia de xénero. Cre firmemente que a prevención, formación e sensibilización son o camiño para erradicar a violencia de xénero.

“Monólogos Lalín 2025” abrirase o sábado, 5 de abril, co monólogo de Isi titulado “Isi! Ponte con monadas...” (5 euros); seguiralle o xoves 10 de abril o de Marina Marroquí, “Eso no es sexo” (gratuíto) ; o sábado 12 de abril “Parasimpáticas” de Lucía Veiga e Marita Martínez (5 euros) para finalizar o sábado 26 de abril co monólogo “Sobre rodas” (5 euros) de Pepo Suevos.

“Isi! Ponte con monadas” protagonizada polo cómico José Manuel Rodríguez, máis coñecido como Isi, conta o curioso dato dunha familia con tres nais e un feixe de peculiares veciños. O instinto cómico de Isi permaneceu durante anos agochado no ámbito doméstico natal ata que un bo día gañou o televisivo concurso de chistes O Rei da Comedia. Desde entón, milleiros de espectadores gozan na televisión ou nos escenarios da arte de Isi para converter os momentos cotiás en memorables anécdotas coas que escachar coa risa. As historias sobre a súa particular familia con tres nais e sobre os seus históricos veciños e o falar rápido e nervioso son a súa especialidade, sen esquecerse dos seus chistes.

“Parasimpáticas” é un espectáculo de teatro a cargo de Lucía Veiga e Marita Martínez. Un espectáculo no que as dúas actrices exploran as realidades do galego valéndose do humor e de técnicas de improvisación.

“Sobre rodas”, monólogo a cargo de Pepo Suevos, showman e monologuista que utiliza na súa posta en escena un toque salvaxe, enérxico e incluso algo macarra ao servizo da risa do público. Hábil improvisador e cun repertorio no que toca todos os temas existentes, Pepo Suevos non deixa indiferente a ninguén nos seus espectáculos.

Os números en directo ou corpo a corpo son a súa especialidade, un formato co que xa se realizou case mil actuacións, polo que pode presumir de ser un dos artistas galegos máis curtidos experimentados.

Imagen “MONÓLOGOS LALÍN 2025” ACHEGA HUMOR E RETRANCA Á VECIÑANZA LALINENSE DA MAN DE ISI, LUCÍA VEIGA E MARITA MARTÍNEZ E PEPO SUEVOS
Galería imaxes
  • Imagen: M2.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie