Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null PAZ PÉREZ CUALIFICA DE MOI POSITIVA A REUNIÓN DE SEGUIMENTO E POSTA AO DÍA DA AXENDA URBANA DE LALÍN COA NOVA TÉCNICA QUE SE VÉN DE INCORPORAR AO EQUIPO
PAZ PÉREZ CUALIFICA DE MOI POSITIVA A REUNIÓN DE SEGUIMENTO E POSTA AO DÍA DA AXENDA URBANA DE LALÍN COA NOVA TÉCNICA QUE SE VÉN DE INCORPORAR AO EQUIPO
31 marzo 2025

 

  • A responsable da Axenda Urbana e tenente alcalde subliña que no encontro, que tivo lugar esta semana, facilitóuselle á nova técnica a información necesaria para o desenvolvemento do seu novo posto e trasladóuselle o plan que desde o Concello de Lalín se está a executar para darlle vida a esta “folla de ruta” na que se asentan as bases das liñas de acción estratéxica de Lalín no horizonte de 2030

  • Ademais tamén se abordaron temas como a futura actualización do documento da Axenda Urbana adaptando os proxectos estratéxicos do mesmo ao Plan de Actuación Integrado “Lalín Próximo” cuxa subvención se vén de solicitar con cargo aos novos fondos FEDER, o desenvolvemento de propostas para continuar co traballo de achegamento á veciñanza das áreas parroquiais ou a vindeira reunión da Comisión de Seguimento

A responsable da Axenda Urbana de Lalín, a tenente de alcalde Paz Pérez Asorey, indica que “nesta semana levouse a cabo unha reunión de seguimento e posta ao día da Axenda Urbana de Lalín (AUL) coa nova técnica, Ángela Vilar Gónzález, que se incorpora ao grupo da Axenda Urbana”.

Paz Pérez explica que <neste encontro de traballo se lle facilitou á nova técnica a información necesaria para o bo desenvolvemento do seu novo posto e trasladóuselle o plan que desde o Concello de Lalín se está a executar para darlle vida a esta “folla de ruta” que é a Axenda Urbana de Lalín, sentando as bases das liñas de acción estratéxica para o desenvolvemento de Lalín co horizonte 2030>.

A Axenda Urbana xunto co Plan Estratéxico de Acción Local (PEAL) teñen como obxectivo levar a cabo a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) coa execución dun programa futuro que sirva de guía e permita establecer aqueles criterios que deben orientar ao municipio no desenvolvemento dos seus proxectos.

A tenente alcalde e responsable da Axenda Urbana subliña que na xuntanza <tratáronse temas como a futura actualización do documento da Axenda Urbana adaptando os proxectos estratéxicos do mesmo ao Plan de Actuación Integrado (PAI) “Lalín Próximo” da Estratexia Integrada de Desenvolvemento Local (EDIL), sobre o que se solicitou, no pasado mes de febreiro, a subvención financiada cos novos fondos FEDER para o novo período 2021-2027>.

Lembra ao respecto Pérez que “tal como demos a coñecer no mes de febreiro, tras o encontro que mantivemos o 31 de xaneiro para presentarlle a EDIL a todos os grupos políticos que compoñen a Corporación, neste Plan concrétanse cinco proxectos engadidos no programa de implementación:

  • Proxecto 1. Equilibrio Rural Urbano: desenvolvemento dos núcleos de centralidade das áreas parroquias.
  • Proxecto 2. Parque etnográfico de Donramiro: recuperación e valorización do castro e núcleo tradicional.
  • Proxecto 3. Calidade Urbana e Sustentabilidade: rexeneración urbana na améndoa central.
  • Proxecto 4. Comercio de Proximidade: modernización e reactivación do mercado e comercio local.
  • Proxecto 5. Deporte e inclusión: desenvolvemento de infraestruturas sociodeportivas.

Iniciativas de difusión e achegamento á veciñanza do concepto de área parroquial

“Ademais, puxéronse enriba da mesa propostas para continuar co traballo de desenvolvemento das áreas parroquias, de maneira que se recuperen as reunións cos pedáneos das diferentes parroquias como xa se celebraron con anterioridade, formacións sobre a Axenda Urbana e novas propostas de comunicación para achegar ao cidadán o concepto de área parroquial”, subliña Paz Pérez.

Resumo da evolución do plan de acción na vindeira Comisión de Seguimento

“A súa vez traballouse na elaboración do documento resumo de evolución do plan de acción da Axenda Urbana 2030 que se presentará na próxima Comisión de Seguimento, na que, ao igual que nas anteriores convocatorias, informarase daqueles proxectos presentes ou futuros asociados a actuacións encadradas dentro da Axenda Urbana e que permitan a execución dos obxectivos estratéxicos que persegue a Axenda Urbana Española”, sinala.

Actualización da web cunha nova pestana denominada “observatorio de indicadores”

<En concordancia coa consecución e comunicación dos obxectivos, informouse da actualización da web axendaurbana.lalin.gal na que se engadiu, ademais de información actualizada, unha nova pestana denominada “observatorio de indicadores” no que se compartirá a evolución dos indicadores descritivos e dos indicadores de seguimento tanto cuantitativos como cualitativos ao respecto do cumprimento dos obxectivos>, remarca.

“En definitiva, esta reunión foi unha primeira e moi positiva toma de contacto da nova traballadora do Concello coa Axenda Urbana”, conclúe.

Imagen PAZ PÉREZ CUALIFICA DE MOI POSITIVA A REUNIÓN DE SEGUIMENTO E POSTA AO DÍA DA AXENDA URBANA DE LALÍN COA NOVA TÉCNICA QUE SE VÉN DE...
Galería imaxes
  • Imagen: 3P.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie