Trátase dunha iniciativa do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama que desenvolve a Consellería de Sanidade
Durante o mes de abril, concretamente os días 14, 15, 16, 22, 23, 24, 25, 28, 29 e 30 de abril o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama pon a disposición das lalinenses de entre 50 e 74 anos un autobús gratuíto, de ida e volta, para facilitarlle o acceso desde o Concello de Lalín ata a Unidade de Exploración Mamográfica sita no Hospital Xil Casares (A Choupana s/n, Santiago de Compostela).
A saída de autobuses é desde a entrada do Concello: o primeiro autobús ás 14 h e o segundo autobús ás 18 horas da rúa Habana (fronte ao edificio do Concello de Lalín) durante o período temporal que se vén de sinalar.
A participación no Programa que desenvolve a Consellería de Sanidade, desde a Dirección Xeral de Saúde Pública, e colaboración co Servizo Galego de Saúde, é voluntaria e gratuíta pero importante para a saúde. Consiste na realización dunha mamografía cada dous anos e o seu obxectivo é reducir a mortalidade por esta enfermidade. Para calquera dúbida ou información pódese contactar co Programa a través do teléfono 981 14 14 14 ou no correo electrónico pgdpcm.dxsp@sergas.