O VINDEIRO MÉRCORES PRESÉNTASE O “ANUARIO 2024 CONCELLO DE LALÍN”
- Será nun acto aberto ao público que terá lugar ás 20 h na Casa Consistorial e ao que se convida a participar a toda a veciñanza que o desexe
O vindeiro mércores, 30 de abril, ás 20 horas, presentarase, na Casa Consistorial, o “Anuario 2024 Concello de Lalín”, nun acto público aberto á participación de toda a veciñanza.
O Anuario é unha publicación, editada polo Concello de Lalín, na que se recollen os feitos e acontecementos máis destacables da actividade municipal do pasado ano en 32 páxinas. Da súa realización encargouse o Cronista Oficial do Concello, con fotos do arquivo do Concello de Lalín.
Desde o Concello convídase a todos/as os/as veciños/as que desexen a participar no acto a que se acheguen o vindeiro mércores ao vestíbulo do Concello para asistir á presentación deste primeiro número do Anuario, unha publicación que nace con vocación de continuidade no tempo.
Galería imaxes