O CONCELLO ENTREGA LOTES DE LIBROS ÁS PERSOAS GAÑADORAS DO SORTEO REALIZADO ENTRE OS USUARIOS CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO
- Ao longo da xornada do 23 de abril tamén se distribuiron marcapáxinas de agasallo para todas aquelas persoas que se achegaron á Biblioteca
O Concello de Lalín conmemorou este 23 de abril, Día do Libro, coa entrega de lotes de libros ás persoas gañadoras do sorteo realizado onte na Biblioteca Municipal Varela Jácome entre o conxunto de usuarios/as da Biblioteca.
A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, fixo entrega dos ditos libros ás persoas gañadoras a quen as animou a proseguir co hábito lector:
- Ana María Castro Delgado (Xaxán, 61 anos), que recibiu un lote de libros na modalidade de adultos
- Pablo Santomé Senra (Lalín, 13 anos), 1 lote de libros xuvenís
- e Lois Doallo Brandido (Lalín, 3 anos), 1 lote de libros infantís.
Así mesmo ao longo do día da xornada de onte tamén se distribuiron marcapáxinas de agasallo para todas aquelas persoas que se achegaron á Biblioteca Municipal “Varela Jácome”.
Galería imaxes